Galiza Nova presenta a campaña do 8M baixo o lema: "Mulleres libres na Galiza liberada"

Campaña 8M Galiza Nova
Campaña 8M Galiza Nova

Sabela Méndez, Responsable Nacional de Mulleres: "Os problemas de precariedade que vive a mocidade galega agrávanse no caso das mozas polo simple feito de sermos mulleres"

A organización xuvenil do BNG presentou hoxe a súa campaña para este 8 de marzo, día internacional da muller traballadora, baixo o lema "Mulleres libres na Galiza liberada". Unha campaña coa que pretenden poñer o foco en como a precariedade que vive a mocidade galega agrávase no caso das mozas polo feito de ser mulleres.

"A situación do emprego, do acceso á vivenda ou da emigración xuvenil son emigración xuvenil son peores no caso das mozas galegas" denuncia Sabela Méndez, responsable de mulleres da organización "por exemplo, a fenda salarial segundo os últimos datos está entre o 15 e o 20%, se a iso lle sumamos a precarización, temporalidade e parcialidade no emprego que por defecto sufrimos a mocidade, en que situación nos deixa iso ás mozas?" cuestiona Méndez.

"Dende Galiza Nova queremos garantir Nova queremos garantir que a mocidade galega poida desenvolver os seus proxectos de vida dignamente e con normalidade" afirmou Sabela, "o patriarcado dificulta aínda máis a nosa emancipación, xa que a feminización da pobreza ou a responsabilidade maioritaria nos coidados familiares fan que moitas veces nos vexamos na obriga de atrasar o inicio dos nosos proxectos de vida propios".

Dende a propia organización tamén afirman que "a loita por un emprego digno, o acceso á vivenda e contra a emancipación non pode ser entendidas sen a loita pola liberación de Galiza, vivimos nun país sen dereito a decidir por si propio e iso condiciona máis aínda as nosas condicións de vida. De aí a nosa reivindicación, ser mulleres libres na Galiza liberada".

A campaña estará acompañada de publicacións en redes nas que se explicará a situación específica do emprego, a vivenda e a emigración das mozas galegas, así como actos formativos e tamén de axitación de cara ás mobilizacións que na propia data convoca o movemento feminista.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG