Fútbol: polo recoñecimento da selección nacional

Acto no Congreso a prol das seleccións deportivas nacionais

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, mantivo un encontro con asociacións de siareiros e seareiras de Galiza para escoitar as súas demandas en relación ao mundo do deporte.

No encontro no Congreso participaron asociacións de Catalunya e Euskadi e formacións políticas nacionalistas como Amaiur, CIU, ERC e ICV, ademáis do BNG.

Davila escoitou as reivindicacións dos grupos de siareiros e siareiras de Galiza, centradas principalmente no recoñecemento das selecións deportivas nacionais galega, catalana e vasca para que participen en eventos e en campionatos internacionais.

Os grupos de siareiros tamén trasladaron á deputada do BNG o traballo realizado nos últimos 15 anos como é a defensa do deporte en xeral, especialmente na necesidade de impulsar o deporte de base e a igualdade de xénero en todas as modalidades deportivas. “Asemade, dixo Davila, nos explicaron que desde que goberna Feijoó na Xunta de Galiza, retrocedeuse moitos en todas os avanzos conqueridos nesta materia, como foi a eliminación da seleción de fútbol”.

Na xuntanza participaron asociacións de aficionados de Euskadi e Catalunya, e as formacións políticas nacionalistas Amaiur, CIU, BNG ERC ICV

Davila ofreceu a colaboración do BNG para presentar no Congreso unha iniciativa parlamentar sobre o recoñecemento das selecións nacionais deportivas de Galiza, Catalunya e Euskadi.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG