Feijóo, ás ordes de Rajoy, vende os intereses de Galiza no Consello de Política Fiscal e Financeira

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, acusa ao presidente da Xunta de antepor os intereses do PP aos de Galiza ao votar finalmente a favor dun brutal recorte nas contas da Xunta, no Consello de Política Fiscal e Financeira.

Se a saúde das finanzas da Xunta de Galiza é tan boa como predica o señor Feijóo, pergúntase Jorquera, “como é posíbel que se asuma un recorte do déficit da Xunta tan brutal como o que propón o señor Rajoy”. “Está claro que se asume porque o señor Feijóo carece de calquera autonomía política e está ás ordes do señor Rajoy”, afirma Jorquera.

Feijóo cambiou o sentido de voto porque non foi quen de resistir as presións de Rajoy

“Resulta patético que Galiza cambiase o seu sentido de voto”, di Jorquera, en alusión a que en primeira instancia a Xunta íase abster e non ía dar o seu apoio á proposta do Goberno do Estado, tal e como fixeron Castela-León e Estremadura, tamén gobernadas polo PP. “Cambiou o sentido do voto porque non foi quen de resistir as presións de Rajoy”, di Jorquera.

O líder nacionalista alerta que o recorte nas contas da Xunta se irá traducir “en menos gasto na sanidade e no ensino, os peares básicos do Estado de Benestar, que claramente o PP ambiciona privatizar”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG