Facenda trata como “defraudadores fiscais” aos emigrantes galegos retornados

A deputada do BNG, Tereixa Paz interpela ao Goberno galego polos requirimentos da Axencia Tributaria a emigrantes galegos retornados sobre as cantidades percibidas no ano 2008

A deputada do BNG, Tereixa Paz denuncia os expedientes iniciados pola Axencia Tributaria contra @s emigrantes galeg@s retornados co abriga de acreditar as cantidades percibidas durante o ano 2008 en concepto de pensión no estranxeiro.

A parlamentaria que compareceu ante os medios de comunicación en sede parlamentar, manifestou que os requirimentos da Axencia Tributaria afectan tamén aos anos 2009,2010 e 2011, “Facenda, dixo, está a tratar aos emigrantes galegos retornados como defraudadores fiscais” cando ademais, este colectivo “nunca recibiu notificación algunha sobre a obriga de declarar as contías percibidas no estranxeiro”.

 O Goberno persegue as pensión dos emigrantes retornados e ampara aos verdadeiros “defraudadores fiscais”.

Para a nacionalista resulta “escandaloso” que dende o mes de febreiro estes contribuíntes recibiran os requirimentos da AEAT coa posibilidade de aprazamento de pago baixo condición de sumar á cantidade requirida os intereses ao tempo que “aos verdadeiros evasores fiscais” se lles conceden amnistías.

Paz explicou que as persoas afectadas, “nunca foron informadas da obriga de presentar declaración de facenda” polas cantidades devengadas no estranxeiro, durante os anos 90, dixo, mesmo se produciron sentencias que os eximían desta obriga e calquera pensionista en Galiza non está obrigado a presentar a declaración agás os que perciben ingresos superiores a 22.000 euros.

A deputada insistiu en que se trata de persoas que non perciben “cuantiosas pensións” e na maioría dos casos perciben anualmente entre 12 e 16 mil euros.

Esta campaña da Axencia tributaria é “inmoral” manifestou Tereixa Paz e cualificou de “noxento”, que o Goberno se mostre tan “brando” cos verdadeiros evasores fiscais con grandes cantidades millonarias e manteña “un puño tan férreo” coas persoas que traballaron no estranxeiro ante a imposibilidade de poder facelo na súa terra.

O BNG pide a paralización dos expedientes iniciados pola Axencia Tributaria

A nacionalista anunciou o rexistro de diversas iniciativas no Parlamento galego e Congreso dos deputados co fin de paralizar os expedientes remitidos pola Axencia Tributaria, iniciar unha campaña de información aos emigrantes retornados sobre as súas obrigas fiscais aplicando a lei a partir do ano 2012 e sen carácter retroactivo dende o 2008.

“Hai moitas persoas que xa pagaron as cantidades requiridas e dende o BNG pediremos a súa devolución”.

Cristobal Montoro utiliza aos emigrantes para vender unha campaña contra a loita do fraude fiscal

Tereixa Paz recriminou ao Ministro de Facenda, Cristobal Montoro utilizar o colectivo de emigrantes retornados para “vender” unha campaña contra o fraude fiscal no Estado español, “son as grandes empresas as que utilizan argucias financeiras para defraudar a Facenda” e non “os traballadores e traballadoras retornados” nin os seus herdeiros, concluíu.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG