Éxito nas redes sociais dunha iniciativa do BNG de apoio ao pobo mapuche

O presidente de Chile, Sebastián Piñera, compareceu o pasado xoves no Parlamento europeo.

A eurodeputada do BNG Ana Miranda tomou a palabra para dirixirse ao presidente chileno e centrouse principalmente en criticar e procurar información sobre o trato que o seu goberno lle dá ao pobo Mapuche e denunciou a situación de exclusión social e de pobreza que viven amplas capas de poboación en Chile e especialmente entre esta comunidade indíxena, que cualificou de "vergoña".

O vídeo supera arestora as 163.000 visitas e converteuse en trending topic en Chile

Miranda tamén se interesou por outros asuntos coma a lei de pesca artesanal ou a Lei Hinzpeter, tamén chamada lei antiprotesta ao limitar en boa medidad a liberdade de expresión e de reunión.

Un dos principios fundadores do BNG é a solidariedade internacional e o antiimperialismo, que se ten manifestado en múltiples iniciativas de apoio aos pobos que reclaman o dereito á autodeterminación: Sáhara, Palestina, Kurdistán ou o pobo mapuche.

http://youtu.be/CXhsRMlQiZA

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG