17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Lesbofobia, Transfobia e a Bifobia

LGBTI
LGBTI

Coincidindo co Día das Letras Galegas, cando o BNG se suma nas rúas do País ás reivindicación das organizacións sociais de @s galeg@s podermos gozar do dereito de vivirmos con normalidade na nosa lingua, signo máximo da nosa identidade como pobo, o 17 de maio tamén se celebra o Día Internacional contra a Homofobia, a Lesbofobia, Transfobia e a Bifobia.

Partindo deste mesmo compromiso para coa consecucións dos plenos dereitos colectivos e individuais de todas as persoas que moramos na Galiza, independentemente da nosa identidade de xénero ou sexualidade, o BNG solidarízase un ano máis co colectivo LGBTI na súa loita contra o odio reaccionario e irracional, para vivirmos tod@s libres e sen violencia.

Seguimos a traballar desde o Parlamento Galego, en estreita colaboración co asociacionismo de base, para conseguir unha auténtica lexislación que protexa de verdade os dereitos do colectivo LGBTI, superando a inoperante Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galiza. Así mesmo, apoiamos no seu día a Lei integral trans galega fronte ao boicote que exerceu o Partido Popular, aproveitándose da súa maioría parlamentar para negarlle os seus plenos dereitos a unha parte das persoas que vivimos na Galiza e a reivindicación por parte do proprio colectivo da Lei trans estatal.

Desde o BNG, rexeitamos calquera expresión de odio cara ao colectivo LGBTI, e desde o Grupo de Traballo LGBTI seguiremos a traballar en colaboración co colectivo trans e as organizacións LGBTI para erguermos unha Galiza segura e libre para tod@s.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG