Desexamos a tod@s un moi feliz e combativo Día do Orgullo LGBTI 2017

Mural de Carlos García en San Sadurniño
Mural de Carlos García en San Sadurniño

O Día de Orgullo LGBTI conmemora a violencia policial en contra da comunidade LGBTI en Stonewall (EUA) o 28 de  xuño de 1969. Serve para lembrar a represión que sofre o colectivo LGBTI baixo o cisheteropatriarcado, incluído a Galiza onde a homofobia tamén mata, pois este ano marca o 11 aniversario do brutal asasinato de Isaac Pérez Triviño e Julio Anderson Luciano en Vigo.

Mais sobre todo é un momento en que o orgullo de sermos quen somos é o protagonista e a ocasión para que as persoas LGBTI tomemos as rúas para celebrarmos sen complexos a diversidade sexual e afectiva e reivindicarmos unha sociedade libre de discriminación e violencia.

Como forza nacionalista comprometida coa liberación da Galiza, o Bloque Nacionalista Galego nunca estivo alleo á loita de todos os sectores do pobo galego para conquistaren a súa plena emancipación social, garantida pola República da Galiza que queremos construír entre tod@s e en beneficio de tod@s.

O compromiso do BNG coa loita das persoas LGBTI da Galiza fica reflectido nas teses aprobadas XVI Asemblea Nacional e coa reactivación do Grupo de Traballo LGBTI, traballando man na man cos diferentes movemento sociais desde unha perspectiva nacional, coa presentación dunha moción nos concellos galegos para instar á Xunta de Galiza a que combata a homofobia,  a participación masiva xunto con Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, nas protestas en contra da chegada do bus transfóbico a Compostela, apoio ao rexistro no Parlamento de Galiza dun Proxecto de Lei de Identidade de Xénero Galega impulsada por ARELAS (Asociación de familias de menores Trans*)...

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG