Declaracións dos bens patrimoniais d@s deputad@s do BNG no Parlamento Galego

O BNG adiántase á publicación, na Cámara galega, da declaración de bens de todos os parlamentarios e parlamentarias e publica na súa páxina web a información do patrimonio dos membros do grupo parlamentario nacionalista.

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou onte, trala Xunta de portavoces, que os deputados e deputadas nacionalistas publicarían a súa declaración de bens como "mostra de transparencia" polo que dende hoxe mesmo calquera persoa que desexe  coñecer os bens dos deputados do BNG só terá que acceder á páxina web desta forza nacionalista.

O BNG empraza ao resto dos parlamentarios e parlamentarias da Cámara galega a publicar as súas declaración de bens.

foto jorqueraFrancisco Jorquera Caselasfoto ana pontónAna Pontón Mondelo
foto cosme pomboCosme Pombo Rodríguezfoto tareixa pazTareixa Paz Franco
foto carme adánCarme Adán Villamarínfoto montse pradoMontse Prado Cores

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG