Davila recibe o galardón á deputada máis activa

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, recibiu o premio á parlamentar máis activa do Congreso na gala celebrada nun hotel en Madrid pola Asociación de Xornalistas Parlamentares (APP).

Olaia Fernández Davila estaba nominada polos xornalistas que desenvolven o seu labor no Congreso e no Senado pola súa actividade parlamentar desenvolvida nas Comisións e nos Plenos da Cámara.

A deputada do BNG amosou a súa gratitude e ledicia por un galardón que premia o traballo, o esforzo e que cumpre co cometida para o que foi elexida nas eleccións xerais de hai un ano.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG