Davila pide que o Goberno aclare as novas sobre o uso indebido do Fondo de Reserva das Pensións

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a convocatoria dunha Deputación Permanente para que compareza o Secretario de Estado de Seguridade Social e aclare se son certas as informacións publicadas na prensa estranxeira que sinala que o Goberno español estaría a utilizar o Fondo de Reserva das Pensións para pagar débeda pública.

Davila considera que dada a gravedade deste tipo de noticias o Goberno debería acudir ao Congreso a dar explicacións. “¿Confirma ou desminte o Goberno as informacións publicadas en diarios alemáns e norteamericanos que indican que o Executivo tería utilizado carto dol Fondo de Reserva para pagar débeda pública? Son certas estas informacións?”.

O Goberno debe dar explicacións urxentes

“De ser así, non estaríamos ante un grave exercicio de irresponsabilidade por parte do Executivo xa que o Fondo de Reserva foi creado para garantir o pago das pensións e se se esgota estaríase a xogar perigosamente coas pensións de millóns de pensionistas?”, son algunhas das cuestións que formula a deputada do BNG.

A deputada do BNG quer que o Secretario de Estado de Seguridade Social explique cal é a situación do Fondo de Reserva e se se está a empregar para o único cometido para o que foi constituido, para o pagamento das pensións.

Ademáis, a portavoz nacionalista formula unha pregunta por escrito ao Goberno na que amosa a preocupación do BNG pola “publicación en diversos medios escritos extranxeiros de informacións relacionadas coa utilización do Fondo de Reserva por parte do Goberno español, preocupa seriamente ao BNG debido ao mutismo do Executivo que nen siquera se preocupou por desmentir nen aclarar esas noticias. Son informacións que merecen unha explicación urxente para tranquilizar á sociedade”.

A deputada do BNG lembra que o Fondo de Reserva se creou co único obxectivo de ser utilizado para o pagamento das pensións en caso de necesidade. As noticias publicadas na prensa alemana e norteamericana sinalan que o Executivo de Rajoy tería investido o 89,6% dos 65.000 millóns de euros do Fondo de Seguridade Social para cubrir a débeda pública. Unha situación que non se tería producido nunca”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG