Davila pide explicacións ao Goberno polo reparto de cotas que prexudica ás frotas galegas

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia do Secretario Xeral de Pesca para que acuda á Cámara a dar explicación polo novo reparto de cotas pesqueiras para o caladoiro do Cantábrico-Noroeste e a zona IXa que prexudica de maneira importante á frota galega de arrastre e de baixura.

Ademáis, a parlamentar do BNG presentou unha pregunta por escrito para coñecer que criterios seguiu o Secretario Xeral de Pesca para este novo reparto de cotas. “A que se debe a modificación das cotas? É consciente do malestar suscitado entre as distintas frotas de Galiza? Realizou a distribución en base á proporción e número de barcos existente?”, son algunhas das cuestións realizadas pola parlamentar nacionalista.

Olaia Fernández Davila pide ao responsábel de Pesca do Goberno central que dialogue co sector “máis numeroso do Estado, o galego, a fin de revisar as porcentaxes de cotas e ser máis equitativo en atención á capacidade de pesca?”.

A frota galega é a máis numerosa

Davila sinala que o Secretario Xeral de Pesca convocou antonte ao sector pesqueiro para trasladarlles un novo reparto das cotas dos caladoiros mencionados. “Nesa xunta, o responsábel de Pesca plantexou unha revisión das porcentaxes de distribución das cotas estabelecidas até agora que sorprendeu sobremaneira ao sector pesqueiro galego”.

Trátase das costas para especies como a xarda, o rapante, o xurelo, a cigala ou o rape para as distintas modalidades de pesca como o arrastre, o cerco e as artes menores.

Esta proposta, denuncia Davila, “causou malestar no sector pesqueiro galego xa que consideran que o Ministerio decidiu beneficiar especialmente aos barcos do Golfo de Cádiz que até agora contaban cunha porcentaxe dun 10% de cota e pasa na ter en torno ao 30%. En relación á cigala e o xurelo, elévase o cupo par aos barcos do Golfo de Cádiz a un 23,2% e a un 21,9%. Ademáis de que se lle otorga a práctica totalidade da anchoa, un 98,86%.

A deputada do BNG sinala que para a baixura é fundamental a xarda nas zonas VIIIc e na IXa, xa que “hai moitos barcos galego que se desprazan ao Golfo de Vizcaia, hai outros que non poden”.

“Tanto a frota de arrastre como a frota artesanal de Galiza amosaron o seu malestar por un reparto que consideran inxusto se se parte do grande tamaño da frota galega en comparanza coa existente no Golfo de Cádiz.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG