Davila pide a Cañete a revisión das cotas pesqueiras porque prexudican á frota galega

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que pide ao Ministerio que dirixe Miguel Arias Cañete a revisión do reparto de cotas pesqueiras acordado no pasado mes de xaneiro para as zonas VIIIc e IXa porque prexudican á frota galega de baixura.

Ademáis, Davila pide nun segundo punto da súa proposición que demande á UE que se aborde o tema da exlusión da frota cefalopodeira galega na próxima xunta da Comisión Mixta do Acordo de Pesca UE-Mauritania e presione á UE para que a revisión ou prórroga do Acordo pase inexcusabelmente pola inclusión da frota cefalopodeira.

A frota galega é a que máis barcos ten do Estado

Davila lembra que o pasado 16 de xaneiro, a Secretaría de Pesca comunicou a nova distribución das cotas de pesca para o caladoiro Cantábrico-Noroeste (zona VIIIc) e para o que abarca desde Fisterra até o Peñón (zona IXa). Un novo reparto que “deixa en moi mal lugar ao sector da pesca de baixura, a pesar de que este sector xa intentou en decembro que se reformulase a distribución das posibilidades de pesca para no sair tan prexudicada”.

A deputada do BNG salienta que se trata das cotas para especies como a xarda, rapante, cigala, xurelo u rape para distintas modalidades como o arrastre, o cerco e artes menores. “Unha distribución que sentou mal na pesca galega de baixura posto que consideran que o Ministerio decidiu beneficiar aos barcos do Golfo de Cádiz que até o de agora tiñan unha porcentaxe dun 10% de cota e pasan a ter en torno ao 30%. En relación á cigala e o xurelo, elévase o cupo para os barcos do Golfo de Cádiz a un 23,2% e a un 21,9%, ademáis de que se lles da practicamente a totalidade do bocarte.

Neste sentido, Olaia Fernández Davila pón de manifesto o grande tamaño da frota galega en comparanza coa existente en Cádiz.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG