Davila critica a Reforma das Administracións Públicas "pensada para recentralizar competencias"

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, realizou hoxe unha primeira avaliación do Informe da Comisión para a Reforma das Administracións Pública que se vai aprobar no Consello de Ministros deste mediodía e que onte explicou a Vicepresidenta Primeira do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría.

Davila reprocha ao Goberno do PP que faga “unha reforma das Administracións Públicas só pensada para recentralizar competencias autonómicas e empiorar a atención á cidadanía, rebaixar a calidade democrática e alonxar a Administración da cidadanía”. Ademáis, puntualiza, “nen siquera se fai unha cuantificación seria e rigurosa do tan pretendido aforro”.

A pesar das manifestacións da Vicepresidenta do Goberno sinalando que non se trata dunha reforma ideolóxica nen territorial, Davila considera que “se trata sobre todo dunha reforma con fondo calado ideolóxico porque pón o acento na recentralización de competencias. O Goberno debería reducir e eliminar a estructura administrativa xeral do Estado que é a que está duplicada, é a que sobra, e non pretender suprimir estructura administrativa autonómica. En cambio, fai ao revés. Por qué? Está claro, para aprofundar na súa idea de carácter ideolóxico de Estado centralista”.

Vaise empiorar a atención á cidadanía cunha Administración máis lonxana e “atascada”

A duplicidade, remarca a portavoz nacionalista, “non está na estructura autonómica senón na estatal polo empeño en manter competencias xa transferidas”.

Asemade, a portavoz do BNG amosa a súa preocupación porque se trate de eliminar organismos e entes que atenden aos intereses da cidadanía como o caso dos Defensores do Pobo, as Axencias de Protección de

Dados ou dos Tribunais de Contas. Centralizalos nun único ente estatal vai xerar un auténtico caos. Téñase presente que xa arrastran grandes acumulacións de expedientes, solicitudes e demandas de cidadáns, se por riba se centralizan nun único organismo, pois a desatención, as demoras e o mal servizo á cidadanía estará servido”.

Neste sentido, puxo de manifesto que “na mesma Constitución española hai nacionalidades históricas recoñecidas á que non val a aplicación do café para todos que instaurou o Señor Aznar no seu día”.

“Coido que calquera se poderá imaxinar o pésimo servizo que se lle vai ofrecer á cidadanía, cunha Administración cada vez máis lonxana, e nada transparente. Non todo vale en aras á pretendida austeridade que se practica según como lle conveña ao PP. Neste caso, sen pór cifras concretas sobre a mesa, e obviando noutro tipo de reformas administrativas a necesidade de suprimir entes totalmente desfasados como as deputacións provincias, organismos que si duplican estructura”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG