Cosme Pombo: "A Xunta pode parar os desafiuzamentos se usa as súas competencias"

O parlamentario do BNG pediu adaptar a lexislación española á normativa europea recen aprobada nesta materia

O deputado dixo levar con “orgullo” unha camiseta de apoio aos miles de persoas afectadas polo “roubo das preferentes” ante os comentarios de reproche procedentes das bancadas populares

 Pleno- O portavoz de Vivenda do BNG, Cosme Pombo interpelou hoxe ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández sobre as medidas previstas pola Xunta para garantir o acceso da cidadanía ao acceso a unha vivenda digna.

Na súa intervención e ante as criticas das bancadas populares por vestir o nacionalista unha camiseta co lema “non a quita das preferentes, devolución do cen por cen dos aforros galegos” , Pombo afirmou levala a “moita honra” porque defende a máis de 40.000 familias “estafadas” por alguén que tamén ten a ver coas vivendas.

Unha camiseta a "moita honra" para defender aos galegos estafados polos bancos

Xa no debate da interpelación, o nacionalista criticou que a consellería que dirixe Agustín Hernández tente arranxar o problema do acceso a unha vivenda digna, “co realoxo de cincocentas familias”.

O deputado considerou que se deben tomar medidas “contundentes contra os desafiuzamentos” e facer uso da sentenza do Tribunal da Unión Europea que confirma a “ilegalidade dalgúns aspectos da execución hipotecaria do sistema español”.

Pombo aludiu ás 10.000 familias galegas desafiuzadas para as que reclamou unha solución, “o BNG entende que a Xunta debe usar as súas competencias en vivenda para protexer aos galegos e galegas desprotexidos”.

Neste sentido volveu pedir que a Xunta inste ao Goberno do Estado a paralizar todos os desafiuzamentos en curso e a adaptar a lexislación española á normativa europea recen aprobada.

As medidas da Xunta seguen sendo insuficientes para resolver o problema da vivenda

Pombo explicou que só en cinco anos 8.000 familias foron desaloxadas das súas vivendas e a Xunta, aínda que toma medidas, “ son insuficientes”.

O parlamentario pediu que a Xunta de Galiza utilice as competencias en materia de vivenda para garantir o dereito a unha vivenda porque o BNG ao igual que as plataformas que están a loitar por reformas lexislativas e sociais que impidan os desafiuzamentos que se están a consumar, “é posible resolver estes problema”, afirmou.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG