O deputado Cosme Pombo asegurou que 307 M do novo plan Reha Vilta non garante o acceso a unha vivenda digna e responde a nova campaña de publicidade do PP ante a proximidade das eleccións
Pleno.- O parlamentario do BNG, Cosme Pombo cualificou de insuficiente o Plan Reha Vilta de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso a vivenda presentado hoxe pola titular de Vivenda, Ethel Vázquez. O parlamentario as políticas de vivenda do Partido popular que permitiron que 10.000 familias quedaran na rúa.
Na súa intervención, o nacionalista afirmou que o PP enterrou o primeiro plan de vivenda elaborado polo Goberno bipartito no que primaba o aspecto social, e este novo plan que presenta a conselleira de Vivenda,dixo, contén unha publicidade de 307 millóns de euros de investimentos para seis anos, 51 M cada ano cando no período bipartito foron investidos no ano 2009, 165 M.
O nacionalista criticou que a Xunta co novo plan delegue nos consellos o acceso á vivenda, renunciando as súas competencias no fomento do aluguer. Por outra parte, referiuse tamén á rehabilitación da que dixo, co orzamento que presentan van ser reparados 40 ou 50 tellados de casas.
Sobre os núcleos rurais, o deputado do BNG criticou o reparto de fondos para trinta mil núcleos que nos chegarán, na súa opinión, nin a 66 euros por núcleo, ese o plan que vostede nos presenta hoxe ao que sumou o bono alugueiro que tivo que ser aumentado porque resultaba totalmente insuficiente e con características tan draconianas que algunhas familias non podían acceder a el.
O parlamentario lembrou que durante dúas lexislaturas a Xunta de Galiza non foi quen de facer unha norma para contar cun censo de vivendas. Para o BNG, o plan presentado hoxe non é un verdadeiro plan de vivenda, non é pensado para Galiza. Vostedes consentiron dende o ano 2009 que máis de 10.000 familias galegas foran desafiuzadas, ese é o balance do Partido popular. Neste sentido, reiterou que o Plan Reha Vilta non garante o dereito a unha vivenda digna e desprotexe as persoas mentres a banca, foi rescatada con fondos públicos con 9.000 millóns de euros.
Existen leis no país vasco e Cataluña que obriga a un aumento do parque de vivenda pública e protexen ás persoas que non poden pagar o aluguer ou a luz, pero o goberno galego nin lexisla nin defende os intereses de todos os galegos e galegas en materia de vivenda, concluíu.