O parlamentario reiterou que os recortes no ensino continúan e a imposición da Lomce provoca graves consecuencias no alumnado
Pleno.- Tras a comparecencia do conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez para informar do inicio de curso, o deputado do BNG, Cosme Pombo reiterou as súas críticas sobre o deterioro do ensino público e as consecuencias da imposición da Lomce a toda presa e improvisación e contra toda a comunidade educativa, das forzas sindicais e políticas galegas.
O nacionalista salientou que na Lomce aparecen unhas revalidas para segregar o alumnado e lémbranme, dixo a época franquista. Aparece un novo curso demasiado caro para máis de 200.000 familias en paro da que a metade non percibe ningunha axuda e que o 23% do noso país está ao borde da pobreza. O ensino público obrigatorio que por lei é gratuíto é unha realidade que o PP non pode negar nin acusar a oposición de calumniar o cuestionar ao profesorado.
Recortes que o PP nega
O parlamentario lembroulle ao conselleiro que se produciron catro mil xubilacións e só unha oferta de emprego público de 1.000 e en Galiza segue aumentando a interinidade entre un 15% e un 20%, non faga, dixo, comparacións con outras comunidades. En Galiza, o profesorado que fai a fins aumentou nun 12% en primaria e nun 35% en secundaria e a inestabilidade no profesorado chega ao 20%, os cambios que vostedes fan cada ano, non son para mellorar o ensino e a calidade.
O nacionalista reclamou rigorosidade ao conselleiro e denunciou o peche de escolas dende hai sete anos dende o goberno do PP, e centos de escolas que se abren na privada. Polo tanto, dixo, o Partido popular ampara o ensino concertado e denigra o ensino público con 15 millóns de euros para centros privados que segregan por sexo.
O PP obsesionado co decreto do plurilinguismo
O parlamentario tamén criticou a obsesión do PP por manter o decreto do plurilinguismo, a pesar, dixo, de existir unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que manda retiralo e que a propia Real Academia Galega pide tamén a súa retirada igual que as AMPAS, Organizacións sindicais e partido políticos.
O deputado concluíu a súa intervención asegurando que en efecto, estamos pasando un momento económico difícil pero é necesario que o ensino siga sendo público, obrigatorio e gratuíto.