O Conselleiro de Industria elude responder ao BNG sobre o cese de Tahoces por anomalías nos proxectos mineiros

Mini
Mini

O deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, interpelou no Parlamento ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, en relación ao cese do director xeral de Minas, Angel Bernando Tahoces, tras coñecerse diversas irregularidades na tramitación de proxectos mineiros.

“Sempre que denunciamos proxectos mineiros espoliadores,  a proliferación de muíños de vento ou a reutilización de canteiras que tiñan un gran impacto ambiental sen beneficio social, o PP pretendeu descualificarnos colocando os nosos argumentos ao borde da ilegalidade”, salientou Rivas, “e pregúntolle conselleiro, que lei defenden o Goberno de Feixóo, a que interpreta ao seu antollo o señor Tahoces?”.

Rivas referíase á suposta manipulación de informes como no caso do proxecto mineiro de Corcoesto, “a quen defendía a Consellería nese momento? Estivo a sentenza xudicial posterior en contra da lei? Ao que se suma o retraso deliberado en facilitar información solicitada polo BNG en relación os proxectos mineiros de Touro e San Fins”.

“A Dirección xeral responsabilidade de Tahoces pechada a cal e canto negando a transparencia debida en calquera tema, furtando a información obrigada por lei”, denunciou. San Fins, Lousame, unha mina para reabrir, dúas balsas de decantación fóra do proxecto, 1.300.000 m3 de augas ácidas con cadmio e outros metais pesados para verter para a ría de Noia, unha ría con excepcionais bancos marisqueiros, foron algunhas das irregularidades citadas por Rivas.

O deputado nacionalista preguntoulle a Conde como é posible que se autoricen actividades mineiras sen o estudo de impacto ambiental, anomalías frecuentes das que tanto a veciñanza afectada como a Fiscalía responsabiliza ao director xeral de Minas. “Por iso a miña pregunta é cando pensa o conselleiro de Industria cesar ao director xeral de Industria?”, interpelación que quedou sen resposta por parte de Conde.

“E que vai facer con vostede mesmo? Porque isto non é de agora, vén de vello, hai sospeitas e complicidade no silencio ante todas estas prácticas que precisarían dunha posición clara, porque non imos crer que o conselleiro ignoraba estas prácticas denunciadas unha e outra vez polo BNG e non só”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG