O concello de Carballo buscar fórmulas de aluguer social para persoas necesitadas

O Concello de Carballo, gobernado polo BNG,  a través da comisión de coordinación social, impulsa a creación dunha bolsa de vivenda con fins sociais, para aloxar a persoas con dificultades e que quedaron sen casa, tanto por non poder facer fronte ao aluguer como á hipoteca.

A proposta  está a ser analisada pola comisión, como medida de urxencia social. Aínda que desde outubro non existe constancia de ningún desafiuzamento, o Concello poñerá en marcha igualmente os mecanismos para sacar adiante esta iniciativa. Así, falarán tanto cos bancos como con donos de pisos baleiros que queiran colaborar. Neste caso, os particulares asinarían un convenio que lles garantise que a vivenda sería devolta en bo estado, asumindo os arranxos necesarios, e ademais eximindo aos propietarios de aboar todos os impostos relacionados coa casa, como o IBI ou o lixo.

Os beneficiarios pagarían un aluguer reducido, «un aluguer social», en palabras de Silvana Castro, edila responsable dos servizos sociais. En todos os casos, os técnicos do seu departamento analizarían cada petición en concreto. Tamén estudaron a posibilidade de pedir á Xunta as antigas vivendas escolares da rúa Vázquez de Parga, aínda que o custo da adaptación rompería o orzamento para outros fins sociais.

Na comisión participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a edila de Benestar, Silvana Castro; representantes dos grupos políticos (José Antonio Viña, PSOE; Manuel Andrade, TEGA; Miguel Anxo Ferreiro; e Xosé Regueira, BNG); representantes da Cruz Vermella, de Cáritas Parroquial e dos Servizos Sociais de Carballo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG