Códice Calixtino: Jorquera leva ao Congreso o caso do policía xenófobo e antigalego

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistou unha iniciativa parlamentar na Camara na que pide ao Goberno español explicacións polas xenófobas e racistas declaracions do Xefe de Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, Serafin Castro, sobre os galegos.

Este funcionario policial dixo, en relacion ao presunto autor do roubo do Códice Calixtino, que "é un home de carácter, pechado, oscuro e galego" e que acumulaba os cartos “debaixo do ladrillo, como todos os galegos".

O policía dixo do presunto ladrón que gardaba os cartos "debaixo dos ladrillos, como todos os galegos"

Jorquera considera que este tipo de declaracions non se deben permitir nun funcionario do Estado que debe amosar respecto e debe evitar afirmacións que ridiculicen ou se burlen dun pobo ou de determinadas persoas.

Considera o portavoz do BNG que o Ministerio de Interior debe reprender este tipo de actitudes en funcionarios do corpo policial e evitar que se repitan. "A manifestacion de prexuízos e estereotipos non deben estar en boca de funcionarios que desempeñen funcións de carácter público”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG