O C. N. aproba por ampla maioría a candidatura para o vindeiro Consello Nacional

Na súa última comparecencia como Portavoz Nacional ante os medios de comunicación Guilleme Vázquez agradeceu ao BNG que lle dese esta oportunidade histórica para traballar por e para Galiza. Agradeceu o esforzo militante de tantos afiliados e afiliadas neste difícil periodo do nacionalismo e ratificou o seu compromiso de traballo militante co proxecto político que representa o BNG. Explicou que o informe de xestión foi aprobado pola práctica totalidade dos e das integrantes do Consello Nacional. Asemade explicou que a proposta de candidatura para o Consello Nacional tamén obtivo un amplísimo respaldo.

Logo dunha afectuosa despedida cos medios de comunicación deu paso a explicar a proposta de Executiva Nacional que se lle trasladará a militancia para a súa votación na Asemblea Nacional. Esta é a seguinte:

1.- Xavier Vence Deza. Catedrático Economía aplicada

2.- Goretti Sanmartín Rei. Profesora USC

3.- Francisco Jorquera Caselas. Portavoz Parlamento Galego

4.- Ana Mª Mianda Paz. Eurodeputada

5.- Bieito Lobeira Domínguez.Ex Deputado

6.- Motse Prado Cores. Deputada

7.- Rafael Vilar González. Concelleiro en Santiago.

8.- Rosana Pérez Fernández. Deputada Congreso.

9.- Nestor Rego Candamil. Profesor Lingua e Literatura no Ensino Secundario

10.- Ximena González Ataide. Concelleira de Ourense, Marcha Mundial das Mulleres

11.- Xabier Campos López. Concelleiro de Mocidade en Ribadeo.

12.- María do Mar Vila López. Concelleira en Dozón, Plataforma anti-incineradora.

13.- Xosé Antonio Rubal López.Traballador USC.

14.- Saleta Chao Rivas. Responsábel Comarcal GN A Estrada-Deza.

15.- Adrián Dios Vicente. Economista.

Xavier Vence é a proposta de Portavoz Nacional feita esta mañá polo Consello Nacional para este novo periodo. Guillereme enfatizou o grande reto que ten por diante e as moitas capacidades e virtudes que Vence reune para tal cometido.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG