A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, subiu esta tarde á tribuna do Congreso para criticar a proposición do PP para a consecución do Tratado de Libre Comercio EE.UU-UE (TTIP) e explicitar o voto en contra das nacionalistas galegas a esta iniciativa.
Rosana Pérez presentou unha emenda á proposición do PP para basicamente peder transparencia, información e que se facilite toda a documentación sobre este Tratado aos grupos parlamentares. Ademáis, censurou o oscurantismo co que se está a negociar e demandou que o Goberno se posicione contra calquer Tratado que supoña a merma dos dereitos laborais, socio-económicos, sanitarios, medioambientais ou a desregulación total das normas e que implique a cesión da soberanía.
O BNG alerta das consecuencias no ámbito laboral, sanitario, medioambiental, económico, xurídico e incluso de cesión de soberanía
Unha das demandas principais do BNG en relación a este Tratado é que se debate e se vote no Congreso debido ás súa importantes repercusións sobre a poboación.
Rosana Pérez dixo ao PP que primeiro temos que enteirarnos, ter información e documentación e até o día de hoxe rexiu a opacidade, o oscurantismo e a falla absoluta de transparencia, até o punto de que a propia Comisión negociadora é segreda desde hai máis dun ano. Advertiu, polas poucas novas que se coñecen, que o que persigue este Tratado é a eliminación de calquera barreira política ou social para a expansión do capitalismo e do comercio.
Información e transparencia
A deputada do BNG exixiu coñecer como vai afectar á seguridade alimentaria, ao emprego, sobre todo porque se está a negociar un Tratado cun pais que non ten ratificados os acordos básicos da OIT, nin siquera a idade mínima para traballar. Alertou sobre as pretensións de destruír aínda mais os dereitos laborais e sociais. Exixiu explicacións sobre as consecuencias para o medio ambiente, e o desexo de lle dar carta branca ás grandes transnacionais.
Con este Tratado, preténdese crear a zona libre comercial máis grande do planeta a gusto dos grandes lobbies e ao servizo das multinacionais, e vostedes animan á que domine por completo o capitalismo sobre a democracia e animan a que se secuestre a soberanía.