O BNG valora positivamente a campaña pre-asemblear na rede

@s nacinalist@s participan na Asemblea Nacional do BNG a través do blogue #contigo17M.

Este domingo, 17 de marzo, o Bloque Nacionalista Galego celebrará a súa Asemblea Nacional, onde se definirán e aprobarán as súas teses políticas para os vindeiros anos, así como a súa Executiva Nacional. Nun momento que consideramos crítico para Galiza debido á deriva anti-social e á perda de capacidade de decisión dos galegos e galegas, unha das novidades desta asemblea foi a realización dun blogue en que o BNG lle deu resposta a decenas de preguntas da militancia e da cidadanía sobre a situación actual, sobre a propia asemblea, sober as teses que se aprobarán nela e sobre o futuro da organización frontista.

Con máis de 3000 visitas en tres semanas, o blogue, “#Contigo17M”, é pioneiro neste achegamento das teses dunha organización política ao pobo en xeral, facendo uso, ademais, das redes sociais, onde todas as persoas interesadas poden opinar sobre a Asemblea e sobre o BNG, facer preguntas -máis de 60 desde o inicio- ou debullar as teses parágrafo a parágrafo.

O BNG, unha organización no camiño de ter as paredes de cristal

A responsábel de Comunicación do BNG, Carme Adán, valora positivamente a campaña pre-asemblear da formación frontista na rede e congratúlase de que organizacións como o BNG “teñan paredes de cristal, onde a internet desenvolve un papel fundamental”. A nacionalista pon de manifesto que “é o momento do ciberactivismo e de sumar ao nacionalismo miles de persoas novas que entenden a comunicación, tamén, desde a rede”, conclúe.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG