BNG traslada o apoio a todas as profesionais con propostas de sancións do SERGAS por denunciar sobrecarga laboral, falta de recursos na atención sanitaria e colapsos nas urxencias

Iria Carreira
Iria Carreira
Iria Carreira acusa a sanidade de non escoitar as demandas dos profesionais e responder coa normativa sancionadora, ante as criticas   

A portavoz  de sanidade  hospitalaria do BNG, Iria Carreira preguntou ao goberno que medidas vai tomar contra a proposta de  sanción á  Dra. Nercellas, unha das voces críticas coa situación  nas Urxencias do CHUS, previa irrupción da COVID   cun gran número de  pacientes  nos corredores  agardando durante horas e coas  profesionais sometidas a unha grande sobrecarga laboral.

A parlamentaria remarcou que os corredores son lugares de tránsito e non un lugar para recibir tratamentos e tras mover a dous pacientes do corredor aos boxees de observación para recibir o tratamento, a doutora Nercellas recibiu unha proposta de sanción.

Para a deputada, o proceder do SERGAS responde a que non está disposto a asumir ningunha critica nin escoitar as demandas dos e das profesionais. Cando isto acontece “non lle treme a man en utilizar a normativa sancionadora da que dispón”.

Nesta liña preguntou ao conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña que opinión lle merece a proposta de sanción a doutora Nercellas por retirar pacientes do corridor e buscar un lugar idóneo para seren atendidos e  tratados.

Vostedes, dixo a deputada, non recoñecen a súa “ineptitude” como xestores do sistema público de saúde e agóchanse detrás do bo facer das traballadoras para non recoñecer que desde a súa Consellería non se están a facer  ben as cousas.

A deputada do BNG sumou varios exemplos de facultativos sancionados por discrepancias coa xestión sanitaria, entre os que destacou ao Dr. Castrillo expedientado por pronunciarse, de maneira enérxica, contra o peche da sala de partos de Verín ou a Dra. Maquieira, cesada da Xefatura do Servizo de Cirurxía Plástica do Hospital Alvaro Cunqueiro por demandar medios de protección contra a COVID en marzo de 2020.

Tras a intervención do titular de sanidade, a nacionalista recalcou que todas as mostras de desacordo coa xestión da consellería rematan dun xeito parecido, “con expedientes e sancións” aínda que non cheguen a bo porto pero crean incertidume e sobre todo a intención de demostrar quen realmente manda. Neste sentido, a deputada aludiu as propias palabras do conselleiro cando dirixía a xerencia da Área de Vigo nas que afirmaba que, “as críticas públicas son innecesarias”.

Teñen a sanidade galega contra as cordas por  falta de medios e  persoal,  non admiten as denuncias de colapsos  ,evitan falar dos problemas nos servizos de urxencias e da sobrecarga nos hospitais de Ourense e Coruña.

Agora parece que dende o PP Comezan a falar “timidamente” da saturación de Atención Primaria despois de tildar de alarmistas ao BNG porque  denunciabamos a situación, e así “vimos a noticia do médico que este domingo estivo só na súa garda no PAC da Parda atendendo a máis dun cento de pacientes cando debería haber tres facultativos”.

A deputada criticou que, tanto os deputados e deputadas do Partido popular como o goberno seguen unha única táctica, “esquivar o tema central e parapetarse nas profesionais da sanidade”, desfanse en boas palabras até que as profesionais protestan e se rebelan, daquela “vostedes son implacables”.

Iría Carreira lamentou que o conselleiro non recoñecera o número de profesionais que se pronuncian contra a xestión da sanidade e que tampouco cumpra coa súa obriga de informar á Xunta de persoal cando decide iniciar un expediente sancionador.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG