O BNG suspende todos os actos do Día da Patria Galega

O BNG acaba de decidir a suspensión de todos os actos de celebración do 25 de xullo, que inclúen tanto o Festigal como a manifestación do Día da Patria, como sinal de condolencia polas vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido á entrada de Santiago de Compostela, e transmite todo o seu apoio e solidariedade ás familias dos afectados neste terrible incidente.

Representantes da formación nacionalista, como o portavoz parlamentar Francisco Jorquera ou o portavoz municipal no Concello compostelano, Rubén Cela, desprazáronse de inmediato ata o lugar do sinistro para interesarse polo estado dos pasaxeiros e pórse a disposición das familias e das autoridades para colaborar en todo o que sexa posible.

“Neste momento de duelo, o BNG está coas familias das vítimas desta traxedia ás que queremos transmitir o todo o noso apoio e as nosas sentidas condolencias”, salientou o portavoz nacional, Xavier Vence.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG