A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia do Presidente do Goberno nun pleno estraordinario e monográfico para que explique a presunta implicación de membros do Goberno e do propio Presidente no coñecido como caso Bárcenas.
O BNG considera que dada a gravedade da trama de corrupción do denominado Caso Gürtel e as informacións publicadas a raiz do Caso Bárcenas no que aparecen os nomes de destacados dirixentes do partido que sustenta ao Goberno, de membros do propio Executivo e incluso a mención ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, debería convocarse un Pleno estraordinario e monográfico para que Rajoy se someta ao control de todos os grupos parlamentares da Cámara.
Davila afirma que o Presidente do Goberno debe acudir á sede parlamentar, sen limitarse a escuetas roldas de prensa que nada clarifican. Debe explicar a relación de dito caso coa amnistía fiscal aprobada polo Executivo, a situación e la presunta implicación de membros do Goberno, incluido el mesmo. Debe contestar a unha serie de interrogantes, debe pasar polo control do Congreso con luz e taquígrafos.
Non valen os actos de fe
A portavoz do BNG sinala que a súa comparecencia ante os medios o sábado foi un acto de fe. Pretende que nos creamos sen máis as súas palabras, que acreditemos a teoría da conspiración na que se basea o PP, e que ante todo, confiemos na frase máis utilizada polo Presidente: é falso.
Para Davila comparecer na Cámara é o acto democrático máis ssaudábel, e precisamente, se nada ten que ocultar, se todo é unha montaxe, se ten a súa conciencia moi tranquila, pois non terá ningún problema en acudir ao Congreso a dar as explicacións pertinentes e respostar ás cuestións que lle poidamos formular. Nese caso, contribuirá a rebaixar a alarma social xerada polo coñecemento público de toda esta trama de corrupción.
A portavoz do BNG no Congreso afirma que o feito de que cada día nos almorcemos con cumprida información da enorme trama corrupta do Caso Bárcenas, está asentando aa imaxe dun Goberno tocado na súa lexitimidade, desacreditado e moi cuestionado pola cidadanía. O máis recomendábel desde o noso punto de vista é que Rajoy veña e fales en limitacións, ademáis de que siga o curso das investigacións xudiciais, claro está.