O BNG solicita a comparecencia urxente de Montoro e pide unha Comisión de Investigación

A portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia urxente do Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, para que acuda canto antes á sede parlamentar a explicar se a sociedade “Tesedul”, creada polo ex tesoreiro do PP, Luis Bárcenas se beneficiou da amnistía fiscal aprobada polo Goberno.

“Dada a gravedade das informacións coñecidas hoxe en torno ao caso do ex tesoreiro do PP, Luis Bárcenas, que se tería acollido á amnistía fiscal através dunha sociedade denominada “Tesedul”, que tería utilizado para regularizar unha cantidade económica en setembro de 2012, está claro que o Ministro debe explicar se vai abrir unha investigación sobre os fondos aflorados por esta sociedade, así como a súa procedencia, titulares e demáis detalles”, señala Davila.

Para a deputada do BNG “xa non ten sentido que o PP, e sobre todo, o Ministro de Facenda continúen negando que a sociedade creada por Bárcenas se acolleu á aministía fiscal. Os eu mismo avogado presentou a documentación acreditativa. É momento de que digan se van investigar estes feitos, é momento de aclarar e explicar non de continuar negando”.

A portavoz nacionalista lembra a falla de claridade do Ministro Montoro na súa última comparecencia na Cámara. “O que está ocurrindo está a provocar auténtica alarma social. É hora de explicacións, non de negativas pouco críbeis”.

Ademáis, o BNG asinou, conxuntamente con outros grupos, a solicitude dunha Comisión de Investigación sobre a corrupción e o financiamento ilegal de formacións políticas. Considera a portavoz do BNG que "o que está a suceder é moi grave, suficientemente importante como para que se aborde en profundidade".

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG