O BNG solicita a comparecencia do Ministro de Interior polas cargas policiais nos desaloxos

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou a comparecencia do Ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, para que explique que directrices está a dar desde o Ministerio ás forzas e corpos de seguridade do Estado nas situacións de desaloxos de persoas das súas vivenas.

Rosana Pérez considera que nos “casos que estamos a ver de dramáticas situacións de desafiuzamentos, o comportamento da policía nacional está en cuestión. Non é de recibo que vexamos como axentes da policía nacional utilizan a violencia cando se trata de situacións delicadas desde o punto de vista humanitario”.

Un problema social de envergadura no que debe primar a humanidade

A deputada do BNG lembra o acontecido onte no intento de desaloxo dunha persoa maior en A Coruña, “unha muller de 85 anos indefensa e desprotexida”. Rosana Pérez afirma que “todos puidemos ver as imaxes sobr una actuación policial máis que cuestionábel”.

Un comportamento policial que “se reitera en cada caso de desaloxo no que as organizacións sociais ou formacións políticas acuden a realizar presión pacífica e apoio ás persoas afectadas por semellante drama”.

Rosana Pérez afirma que “estamos ante un auténtico problema social que vai in crescendo e o Goberno non pode actuar a golpe de carga policial porque se trata de defender a cidadáns en situacións de desprotección fronte aos abusos bancarios”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG