O BNG reivindica a plena soberanía galega contra a corrupción e os recortes

O BNG xunto a outras organizacións do País convoca concentracións simultáneas nas varias vilas galegas.

 O BNG, xunto a organizacións coma Galiza Nova e a CIG, organiza este venres e o próximo martes 26 unha serie de concentracións reivindicando a soberanía plena e contra o empobrecemento xeral da poboación.

O BNG defende, sen medias tintas, a soberanía nacional como solución aos problemas e o empobrecemento que sofre o noso país como resultado das políticas neoliberais da Xunta da Galiza e o Goberno Central. Este sistema centrado en Madrid, herdado do século XIX, condena ao noso país a sufrir unha destrución social e cultural cíclica con grandes doses de corrupción.

Concentracións convocadas por todo o país.

Baixo o lema “Polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega”, o BNG reivindica un proceso constituínte e de ruptura democrática, única vía para saírmos desta crise.

O BNG convidada a cidadanía galega a participar nas convocatorias que se celebrarán nas distintas cidades galegas:

Venres 22 de febreiro:

  • Santiago: ás 20 horas, diante da sede do PP (Rúa Alfredo Brañas)

  • Ourense: ás 20 horas, diante da sede do PP (Rúa do Progreso)

  • Ferrol: ás 20 horas, diante da sede do PP.

  • Vigo: ás 19 horas, na Farola de Urzaiz

  • Lugo: ás 20 horas, diante da sede do PP (R/ Poeta Ramón Cabanillas, esquina Doutor Casalla)

  • A Coruña: ás 20 horas, diante da Subdelegación do Goberno

Martes 26 de febreiro:

  • Pontevedra: ás 20:30 horas, na Praza da Peregrina

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG