O BNG reclama a Industria que se comprometa a dotar de carga de traballo a Arteixo Telecom

Carme Adán alerta dun “novo episodio da destrución industrial de Galiza”

A deputada do BNG, Carme Adán, demandou á Consellería de Industria que se comprometa a dotar de carga de traballo a Arteixo Telecom, unha empresa “centrada do desenvolvemento das novas tecnoloxías”. A deputada nacionalista acusou á Xunta de Galiza de “mirar para outro lado” e non apoiar ás empresas galegas de I+D+i.

“Estamos diante dun novo episodio da destrución industrial de Galiza”, advertiu Carme Adán, tras a xuntanza que mantivo co voceiro do BNG de As Pontes, Francisco Dasilva, o secretario da CIG de As Pontes, Alberte Amado, e a integrante do comité de empresa, Ana Guerreiro.

A deputada nacionalista trasladou o apoio do Bloque aos traballadores e traballadoras da empresa, que reclaman a elaboración dun plan de viabilidade real, no que se manteñan os postos de traballo, e o compromiso firme da Xunta diante do perigo de peche da empresa.

“O BNG demanda que a Xunta se implique para que non se desmantele o tecido industrial galego e na defensa do emprego”, subliñou Adán.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG