O BNG reclama autodeterminación e dereitos humanos para o Sáhara

A parlamentaria Montse Prado participa na visita do Intergrupo do Parlamento Galego a el Aiún, para demandar a ampliación do mandado da misión da ONU.

Ademais de garantir a celebración do referendo de autodeterminación, a misión da ONU debe ter competencias para denunciar a conculcación de dereitos humanos na excolonia.

A delegación galega no aeroporto das Palmas, antes de saíren para

A parlamentaria nacionalista Montse Prado está a representar ao BNG na visita que o Intergrupo do Parlamento Galego para o Sahara realiza á capital dos territorios ocupados, El Aiún. A delegacióndo Parlamento galego está acompañada por varios membros da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

O grupo chegou hoxe á capital saharauí e permanecerá no Sáhara durante dous días, mantendo contactos coas autoridades e organizacións locais co obxectivo de avaliar a situación política e humanitaria na antiga colonia española.

O próximo mes de marzo remata o mandado da Misión das Nacións Unidadas para o Referendo no Sáhara Occidental (MINURSO), establecida pola resolución 960 do Consello de Seguridade da Organización das Nacións Unidas (ONU) o 29 de abril de 1991 e aceptada por Marrocos e a Fronte POLISARIO o 30 de agosto de 1988. A única responsabilidade da MINURSO, atípica con respecto a outras misións da ONU, é realizar os preparativos que permitan a celebración do referendo de autodeterminación do Sáhara e, en particular, o censo de votación para esta consulta.

 

A descolonización do Sáhara é un problema enquistado que para resolverse precisa de esforzos políticos, pero tamén de atención humanitaria e de vixilancia e denuncia dos organismos internacionais perante a conculcación dos dereitos humanos que padecen os saharauis.

Un dos obxectivos principais da visita é apoiar a reivindicación saharaui de ampliación das competencias da MINURSO, de forma que, ademais de dar cumprimento á resolución da ONU e garantir o dereito do pobo saharauí á autodeterminación, poda denunciar diante da comunidade internacional as agresións aos dereitos humanos que os saharauís veñen sofrendo sistematicamente durante os anos de sometemento ao poder marroquí. Montse Prado destacou que "a descolonización do Sáhara é un problema enquistado que para resolverse precisa de esforzos políticos, pero tamén de atención humanitaria e de vixilancia e denuncia dos organismos internacionais perante a conculcación dos dereitos humanos que padecen os saharauís".

A parlamentaria do BNG aproveitará a visita transmitirlle aos representantes do pobo saharaui o apoio da fronte nacionalista á súa lexítima loita polo dereito de autodeterminación, pola súa liberdade e polo dereito a un futuro en paz.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG