Tras a primeira reunión entre as direccións do BNG e PSOE para analizar o mapa político resultante do 28 M, a responsable de política municipal, Carme da Silva explicou que o BNG asistiu ao encontro “co ánimo de configurar gobernos alternativos ao Partido popular “e anunciou que o primeiro acordo acadado hoxe tradúcese no apoio do BNG e PSOE nas investiduras para constituír alcaldías progresistas.
Da silva recalcou que o BNG asistiu ao encontro co ánimo de acadar este acordo porque o mapa político municipal constata que “existe un gran número de gobernos nos que é posible ser alternativa ao Partido popular”, e froito das conversas e a actitude coa que asistiamos a este encontro foi posible acordar que “sempre se apoiarán aos alcaldes ou alcaldesas alternativos ao Partido popular das distintas forzas políticas”.
“O BNG comprométese a apoiar as candidaturas do PSOE e pola súa parte o PSOE apoiará as alcaldías nas que o BNG é a forza máis votada”. Este acordo, dixo, permítenos configurar “un mapa municipal en Galiza cun gran número de gobernos alternativos ao PP no noso País”.