A Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón propuxo, para este curso, un Plan dotado con 70 Millóns de euros, para “reforzar a universidade pública e a investigación”. No acto celebrado no Reitorado da UDC na Coruña de inicio do curso académico, Pontón apelou a posta en valor da “universidade pública, o coñecemento e a innovación” destinado 40M€ á universidade e 30M€ á investigación, un total de 70 M€ para reforzar o sistema universitario público, dixo.
A nacionalista afirmou que o acceso a universidade é un valor que debe ser defendido de maneira especial nun contexto de crise e que apostar por unha económica do coñecemento e a innovación precisa “dunha universidade forte” pero lamentablemente o goberno do Partido popular non comparte esta visión e “nos últimos anos cebouse con recortes permanentes na universidade pública”.
Por outro lado, engadiu que o sistema de financiamento das universidade continúa sendo “insuficiente” e “moi inferior” aos países do noso entorno, un financiamento dun “15% por baixo da media europea” e nun proceso de transformación no que a nosa universidade, recalcou, non está nas mesmas condicións.
Nesta liña criticou que o goberno do Partido popular aposte por unha universidade privada que representa “un cambio de calado no noso sistema universitario” e seguir na senda “da privatización de servizos públicos”.
A portavoz nacionalista volveu a reclamar “máis financiamento público para as universidades” e poñer en marcha o Plan proposto polo BNG para reforzar o sistema universitario e a investigación con 70 millóns de euros.
Ademais, tamén criticou o anteproxecto de Lei de Universidades que “equipara a universidade pública á privada” e non ofrece solucións ao “persoal docente e investigador” e mesmo recolle a posibilidade de capacitar axentes externos para influír na selección dos reitores e reitoras.