O BNG promove unha comisión de investigación sobre as actividades da Casa Real

Nunha democracia avanzada ningunha institución pública debe ficar á marxe do control e do escrutinio das súas actividades por parte das instancias políticas que son representativas da vontade popular.

Por esta razón o Bloque Nacionalista Galego promove conxuntamente con outros grupos políticos -neste caso ERC e o grupo parlamentar da Esquerda Plural- a criación dunha comisión de investigación no Congreso dos Deputados sobre o funcionamento da Casa Real e as actividades de todos e cada un dos seus membros.

A petición de criación desta comisión vai ser presentada este mércores no Congreso dos Deputados (10.45 horas) nun acto informativo no que vai tomar parte a deputada do BNG Olaia Fernández Davila.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG