O BNG presentou no Pleno deste martes unha moción na que se insta ao Goberno galego a desenvolver a Lei Paz-Andrade, para o aproveitamento da ingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía. A portavoz de relacións exteriores e lusofonía, Iria Taibo, defendeu unha batería de propostas para impulsar o seu cumprimeito, despois de que en dez anos que leva vixente a norma “apenas se fixesen avances, contradicindo o amplo consenso social e político que orixinou esta lei para aproveitar os vínculos coa lusofonía”, lamentou.
A moción, que foi rexeitada polo PP, contemplaba tres liñas de actuación para impulsar a lei Paz-Andrade. Unha primeira centrada nas telecomunicacións e recepción de medios de comunicación, na que o BNG insta a que se lle demande ao Estado “a ampliación do múltiplex autonómico para as emisións televisivas e radiofónicas en Galiza de canles de televisión de Portugal”, así como “a posta en marcha das medidas técnicas para facilitar a emisión en Galiza de, como mínimo, unha canle de televisión e radio portuguesa de entre as dispoñibles no actual múltiplex autonómico galego da TDT”.
A segunda liña de actuación ten que ver co ámbito do ensino, “un dos aspectos máis importantes”. Taibo defendeu a “elaboración dun plan para a implantación paulatina da lingua portuguesa en todos os centros de secundaria, así como a súa oferta como lingua estranxeira non avaliable en educación primaria, ao tempo que se forma o profesorado”. Outra pata deste plan de ensino é a de incluír a lingua portuguesa en todas as escolas oficiais de idiomas de Galiza para o curso 2024-2025, así como na prematícula de to
“Depois de dez anos, apenas houbo avances, contradicindo o amplo consenso que orixinou esta lei para aproveitar os vínculos coa lusofonía”.
Santiago de Compostela, 11 de xuño 2024. O BNG presentou no Pleno deste martes unha moción na que se insta ao Goberno galego a desenvolver a Lei Paz-Andrade, para o aproveitamento da ingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía. A portavoz de relacións exteriores e lusofonía, Iria Taibo, defendeu unha batería de propostas para impulsar o seu cumprimeito, despois de que en dez anos que leva vixente a norma “apenas se fixesen avances, contradicindo o amplo consenso social e político que orixinou esta lei para aproveitar os vínculos coa lusofonía”, lamentou.
A moción, que foi rexeitada polo PP, contemplaba tres liñas de actuación para impulsar a lei Paz-Andrade. Unha primeira centrada nas telecomunicacións e recepción de medios de comunicación, na que o BNG insta a que se lle demande ao Estado “a ampliación do múltiplex autonómico para as emisións televisivas e radiofónicas en Galiza de canles de televisión de Portugal”, así como “a posta en marcha das medidas técnicas para facilitar a emisión en Galiza de, como mínimo, unha canle de televisión e radio portuguesa de entre as dispoñibles no actual múltiplex autonómico galego da TDT”.
A segunda liña de actuación ten que ver co ámbito do ensino, “un dos aspectos máis importantes”. Taibo defendeu a “elaboración dun plan para a implantación paulatina da lingua portuguesa en todos os centros de secundaria, así como a súa oferta como lingua estranxeira non avaliable en educación primaria, ao tempo que se forma o profesorado”. Outra pata deste plan de ensino é a de incluír a lingua portuguesa en todas as escolas oficiais de idiomas de Galiza para o curso 2024-2025, así como na prematícula de todos os centros de ensino secundario no curso 2025-2026”.
Tamén se recolle nas propostas do BNG para o desenvolvemento da Lei Paz-Andrade a de “incrementar de xeito significativo o número de prazas de profesorado de portugués como lingua estranxeira en educación secundaria na próxima convocatoria de oposicións”, en concreto, un mínimo de 10 prazas na convocatoria de 2025.
Outras iniciativa defendidas polo Bloque nestea moción foi a de “fomentar a consolidación das prazas de profesorado especialista en lingua portuguesa en educación secundaria. Tamén se contempla a ampliación da oferta do plan de formación de lingua portuguesa na Escola Galega de Administración Pública, (Egap) e “iniciar unha campaña informativa para os funcionarios e funcionarias”.
Como última pata no ámbito do ensino, Taibo considerou “dos máis importantes” o BNG propón a posta en marcha “dunha campaña de difusión, antes de que remate 2024, para “dar a coñecer as vantaxes da aprendizaxe do portugués, centrada nos centros de ensino pero tamén para a súa divulgación noutros ámbitos sociais”.
A terceira liña de actuación céntrase na lexislación e no impulso das relacións coa lusofonía, en concreto, trátase de “avanzar no desenvolvemento regulamentario da Lei Paz-Andrade, comezando pola aprobación nos próximos seis meses dun decreto que regule a implantación do portugués como lingua estranxeira na educación en Galiza”.
Taibo reclamou ademais a necesidade de “remitir, antes de que remate o primeiro semestre do ano, ao Parlamento un informe en relación co desenvolvemento, avances e planificación para 2024 a respecto da Lei Paz-Andrade”.
É preciso “solicitar a presenza directa de Galiza na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa como observadora asociada”, así como poñer en marcha de xeito inmediato “o observatorio da lusofonía Paz-Andrade, e iniciar os seus traballos, coa aprobación no presente ano dun plan plurianual de actuación con obxectivos, liñas de actuación, medidas, orzamento e mecanismos de seguimento e avaliación da actividade do propio observatorio”.
Outro punto fundamental para avanzar nas relacións cos países de fala portuguesa é o de modificar o artigo cuarto da lei, que reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, referida á Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal e lusofonía, “para incluír a definición da estratexia para a relación de Galiza con outros países de lingua portuguesa”.
Por último, o BNG reclama a elaboración dun estudo para “a creación dunha delegación permanente de Galiza en Lisboa” coas seguintes funcións: “A representación institucional de Galiza, o fomento da cultura galega, as relacións económicas e empresariais, así como as relacións cos países lusófonos”.
Na súa réplica, Taibo recoñeceu que “agardaba algo máis de ambición por parte do Goberno do PP” e asegurou que o BNG acudiu ao Parlamento “con propostas moi concretas, que consideramos bastante realistas, así que pido por favor que non agardemos máis”, reclamou.
Tamén lle replicou ao PP, despois de referirse a Ana Miranda, que a eurodeputada do BNG “fixo máis polo portugués e polas relacións cos países de lingua oficial portuguesa que este goberno nos dez anos da aprobación da lei Paz Andrade”, sentenciou.