O BNG presenta unha queixa na Mesa do Parlamento por abuso de autoridade da Policía Nacional

A policía impide a entrada ao Parlamento de tres deputadas e un deputado do BNG tras participar na concentración dos traballadores de Navantia e das Universidades

O BNG presenta unha queixa ante a Mesa do Parlamento polo que considera un abuso de autoridade da Policía Nacional ao impedir a entrada á Cámara galega das deputadas nacionalistas, Ana Pontón, Carme Adán e Tereixa Paz e o deputado Cosme Pombo tras participar na concentración convocada polos traballadores/as de Navantia e das Universidades.

As deputadas do BNG, xunto aos parlamentarios dos grupo do PSOE e AGE, abandonaron o salón de plenos para mostrar o seu rexeitamento á decisión da presidenta da Mesa Parlamento, Pilar Rojo, de impedir o acceso do público ao hemiciclo.

Tralo abandono da sesión plenaria, o BNG participou na concentración dos traballadores de Navantia e da Universidade que se manifestaron nas inmediacións do Parlamento galego ante un amplo dispositivo policial.

Ao tentar entrar de novo no Parlamento galego, a policía impediu o paso das deputadas, Carme Adán, Tereixa Paz e Ana Pontón e o deputado Cosme Pombo aos que mesmo lle foi requirida a documentación co fin de ser indentificados.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG