parlamento galego

BNG preguntará a Feixóo pola corrupción e “caixas B” que afectan ao Partido popular de Galiza

Manu Lourenzo
Manu Lourenzo
Manuel Lourenzo afirmou que existen claros indicios de “diñeiro negro” utilizado polo Partido popular galego en campañas electorais
No vindeiro pleno do Parlamento galego a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón preguntará a Feixóo polos casos de corrupción no Partido popular e “as caixas B do PP” que  afectan de cheo ao PP  de Galiza e Partido popular de Pontevedra.  Dende o BNG, dixo o viceportavoz 2º do grupo parlamentar do BNG, Manuel Lorenzo, o presidente da Xunta debe responder sobre “esta financiamento ilegal”  e “diñeiro negro” utilizado en campañas electorais en Galiza.

Por outra banda, tras a xunta de portavoces para elaborar a orde do día da vindeira sesión plenaria, o deputado do BNG avanzou que o BNG  defenderá a proposición de lei Ángeles Alvariño para impulsar a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito universitario e de investigación.

O PP impide as comparecencias de Vivenda e Sanidade

Asemade, engadiu, dende o BNG solicitamos dúas comparecencias cruciais no contexto de pandemia que estamos a vivir, por unha banda a comparecencia da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para abordar as consecuencias  derivadas dos prezos dos alugueiros e o seu incremento do 5% en plena crise económica e lamentamos que o Partido popular rexeitara esta comparecencia polo que decidimos incorporala a través dunha interpelación xunto con outra relativa á situación do sector eólico no noso país.

Por outra banda, dende o BNG, explicou Lourenzo consideramos que as informacións sobre os posibles  efectos secundarios da vacina AstraZeneca e as previsións sobre a súa suspensión en Galiza precisan dunha explicación do conselleiro de Sanidade. Son tempos, reiterou o nacionalista nos que a sociedade debe estar informada  e administración pública debe transmitir “tranquilidade, serenidade e confianza á poboación” polo que  lamentamos que o Partido popular tamén impida que compareza o titular de Sanidade, unha vez máis, recalcou Lourenzo” o PP equivócase”.

O portavoz 2º do BNG  tamén fixo referencia ás proposición non de lei relativas ás accións contra os riscos na saúde que provoca a fábrica de ENCE en Lourizán e demandar da pasteira que “cese” os episodios de chantaxe e “violencia extrema” vividos nos últimos días en Pontevedra.

Finalmente, o BNG demandará no Parlamento un plan estratéxico de recuperación e impulso da actividade económica e comercial do porto da Coruña, medidas contra a inestabilidade do estaleiro de Barreras, abordar os problemas do servizo do 061 na comarca do Morrazo e iniciativas para apoiar o sector da cultura.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG