O BNG pregunta no Parlamento polo balance do impacto da Mina de Touro no medio agrogandeiro da zona

O BNG en contra da mina Touro-O Pino
O BNG en contra da mina Touro-O Pino

Xosé Luís Rivas denuncia que o proxecto da mina contempla 2.000 voaduras ao ano, “694 con 9.000 Kg de explosivos e 16.000 Kg nas 1.384 restantes”

O parlamentario do BNG, Xosé Luís Rivas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre os fondos públicos investidos na  concentración parcelaria na zona afectada pola reapertura da mina de cobre nos concellos de Touro e o Pino e se a consellería de Medio rural conta cunha “primeira avaliación do impacto negativo” sobre a actividade agrogandeira da zona.

Rivas explicou que a reapertura da mina suporá “ 2.000 voaduras ao ano” nas que serán empregados 9.000 kg de explosivo en 694 e 16.000 Kg nas 1.384 restantes, o que sen dúbida provocará graves consecuencias no entorno da mina.

Trala resposta do director Xeral de Desenvolvemento rural, Miguel Ángel Dubois amparándose no cumprindo da lei para dar luz verde ao proxecto mineiro,  o nacionalista respondeu que “ o goberno galego debe sopesar os escasos postos de traballo que xerará esta actividade así como a  escasa riqueza que deixará na zona fronte os postos de traballo de actividade gandeira a sostible, tanto  no tempo como  no espazo”.

Rivas recriminoulle ao membro do goberno,  a negativa a facilitar información sobre a actual situación da mina de Touro, ao igual, dixo, que ocorreu   no caso do proxecto de minería de Mesia  da empresa Erimsa. Rivas acusou a consellería de Medio rural de   “falta de transparencia da administración galega nos proxectos mineiros”. Nós, dixo, pedímoslle datos concretos e vostedes seguen “burlándose”.

A minería da que falamos hoxe engadiu Rivas, é “un espolio”. e un mineral extraído que nin  sequera será procesado en Galiza nin no Estado español e como consecuencia “non deixará ningún tipo de riqueza na comarca.

Rivas volveu reclamar a información sobre a mina de Touro e se existe ese informe de impacto sobre o medio agrogandeiro. Queremos eses datos  e a   súa   obriga, recalcou,  e entregárnola porque   “cobra do erario público e entre as súas función está facilitar esta información aos deputados e deputadas desta cámara”.

 Esta actividade mineira é “un erro” para o noso país e un goberno que se prece debe defender os intereses da poboación polo que volveu reclamar un informe  medio ambiental “desfavorable”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG