Senado

BNG pon en valor o impulso do AVE Galiza-Portugal recollido no acordo de investidura

Rubén Cela, Carme da Silva e Néstor Rego
Rubén Cela, Carme da Silva e Néstor Rego

Carme da Silva celebra que o MITMA comece a cumprir os compromisos en materia ferroviaria e o impulso das actuacións no tramo pendente do AVE a Oporto

O Goberno mostra o seu compromiso, nunha resposta á senadora do BNG, para axilizar esta infraestrutura “estratéxica e prioritaria” para o desenvolvemento socioeconómico da Galiza

O Bloque Nacionalista Galego vén de coñecer as novas actuacións que o Ministerio de Transportes está a realizar en infraestruturas da rede ferroviaria galega que estaban pendentes de impulsar. Este é o caso, explica a senadora do BNG, do único tramo pendente de AVE a Oporto e a aceleración dos traballos para a licitación do estudo informativo do estudo que conectará a saída sur ferroviaria de Vigo co novo viaduto internacional. Unha cuestión que estaba recollida no acordo de investidura conseguido polo BNG e que se está a ver materializado.

No acordo asinado polo BNG estipúlase, literalmente, o o compromiso do Goberno para impulsar ás actuacións do Corredor Atlántico e “acelerar os traballos no tramo de conexión entre Vigo e a Fronteira Portuguesa, incluíndo a saída sur de Vigo, que forman parte da Rede Básica Ampliada”.

Unha cuestión que para o BNG é “estratéxica e prioritaria” por ser un tramo ferroviario que, tal e como se compromete o Goberno do Estado, debe ser prioritario dada a súa importancia económica, social, industrial e mesmo cultural para a Galiza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG