O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas anunciou hoxe que o BNG presentará unha proposición non de lei para reclamar a restitución das axudas á empresa que habitualmente recolle os plásticos agrarios procedentes de invernadoiros e silos co depósito nun punto limpo e posterior reciclaxe.
Rivas advertiu que este material alcanza a cifra de 9 mil Toneladas e concellos con grande actividade agraria utilizaban á empresa Tilba para a súa recollida, sen embargo, trala suspensión da axuda pública, a empresa xa non asumirá o servizo polo que o BNG, afirmou o deputado, “reclamará restituír as axudas, de maneira inmediata”.
Por outra banda, o nacionalista advertiu que a medida repercutirá moi negativamente nas zonas de activade agrícola entre as que destacou, Marzaricos, Zas, Padrón, Curtis, Baixo Miño ou San Sadurniño. Rivas explicou que os plásticos, sobre todo dos silos, non se reutilizan xa que é moi normal que sofran picaduras de paxaros ou outro tipo de deterioro e de utilizar o mesmo envoltorio, “estragaría a herba pola entrada de aire” o que provocaría a súa fermentación inutilizándoa para o alimento das vacas.
Ademais, engadiu que os plásticos queimados desprenden dioxinas que “se pegan con grande facilidade a animais e produtos alimentarios”.
PLÁSTICOS NOS MONTES E RÍOS
Retirar a axuda á empresa que recolle os plásticos provocará a súa queima en concellos galegos, nalgúns deles con 300 toneladas xa acopiadas. As consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, dixo Rivas, deben ser conscientes dun problema que nos pode “retrotraer a tempos nos que non era raro ver plásticos nos montes” e agora de non remedialo, volveremos a ter esa imaxe de plásticos negros e brancos nos montes e ríos.
O deputado do BNG tamén aludiu á necesidade de iniciar unha campaña informativa para tomar conciencia das consecuencias da queima de plásticos e o seu deposito en zonas naturais, “non queremos volver a ver neveiras ou electrodomésticos nos montes nin tampouco pneumáticos ou plásticos procedentes de invernadoiros e silos”.
Rivas anunciou que na Comisión de Agricultura e Montes que se celebrará mañá non Parlamento galego, o BNG preguntará que medidas vai tomar o goberno contra a decisión de retirar a axuda á empresa que recolle este material. Unha responsabilidade, reiterou, que non pode nin debe recaer, en ningún caso, sobre os concellos e propietarios.