O BNG pide a xunta que defenda os produtores agrarios afectados polos plans mineiros de ERIMSA

XLRIVAS PLENO PARLAMENTO
  • Mini advirte que está en risco a actividade de 200 granxas de Frades, Mesía, Oroso e Ordes, varias con produción ecolóxica que perderían a certificación e as axudas da PAC

Santiago de Compostela, 5 de Abril 2017.-  O deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas levou ao Parlamento os plans mineiros da empresa ERIMSA nos concellos de Frades, Mesía, Oroso e Ordes, en particular os efectos que tería na actividade agrogandeira da zona que acadase a concesión mineira que busca.

Estes municipios suman unha superficie agraria de 6.721Has que sustentan preto de 200 granxas, varias delas co selo de certificación ecolóxico, - por exemplo Casa Grande de Xanceda-, que poderían perder se prosperan os plans da mineira, por iso pide á Xunta que actúe de oficio para defender a actividade agraria.

“A consellería de Medio Rural ten que facer valer de oficio a defensa das terras agrarias deste país, porque xa está ben”, recriminou Rivas no debate en pleno. “Estamos falando de terras agrarias melloradas pola concentración parcelaria, con explotacións con certificado de selo ecolóxico que o poden perder, de produtores que non van poder percibir as axudas da PAC mentres estean ameazados polos proxectos mineiros desta empresa”, explicou.

Rivas denunciou que detrás de ERIMSA volve estar o empresario Villar Mir propietario de Ferroatlántica e  “protexido do PP”. Esta empresa “estase empregando a fondo asistindo ás asembleas de gandeiros coaccionando e provocando enfrontamentos”, denunciou, tras lembrar que se trata da mesma mineira que facilitou no seu día o soterramento das vacas tolas.

O deputado considera que os plans da mineira teñen xerado unha gran alarma social polo que pediu á Xunta que actúe de oficio para defender a actividade agroganderia da zona.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG