BNG pide a retirada do anteproxecto da xestión do ciclo da auga que suporá un “novo atraco” para os concellos e persoas usuarias

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará apelou a abrir un debate  para chegar a acordos entre  as institucións, tras o fracaso do Pacto local da auga. Defendeu  “unha estratexia da auga” e crear o Consello para o seu uso sustentable

O deputado do BNG, Luís Bará apelou a chegar a un acordo sobre a xestión da auga entre todas as administración para mudar o modelo das política nesta materia durante as últimas dúas décadas, lonxe da “nova cultura da auga”.

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, na comisión de Ordenación do Territorio, o nacionalista volveu a propoñer, “retirar o documento do Partido popular” ante a falta de diálogo cos axentes implicados. Para ao nacionalista    anteproxecto do Ciclo da auga do PP representa  “un novo atraco” para os concellos e persoas usuarias. Por outra parte, lembrou que o Pacto da Auga non foi acordado e sen unha planificación xeral de abastecemento e saneamento, agora “collen un atallo” para que os  concellos asuman todas as responsabilidades e non só sobre as  depuradoras que dependen da Xunta de Galiza.

A lei, dixo, debería abordarse como un plan sectorial como reflicte a lei de Ordenación do Territorio. Por outra parte, establece unhas condicións “abusivas para os concellos” á marxe das súas condicións económicas e extensión. Os concellos serán obrigados a a realizar un grande desenvolso en prazos moi curtos e baixo  cláusulas “punitivas e coercitivas” no caso de negarse a facelo.

Bará preguntou á Xunta  se ten  en conta  as dificultades dos concellos para asumir as obrigas impostas polo Goberno galego nun contexto de recesión económica. Sen unha planificación xeral , dixo,  esta “non é a forma de facelo”.

Ademais, a nova lei prevé “unha carga fiscal” que a propia FEGAMP sitúa no 60% e a  realidade é que a súa lei crea novas taxas como a de depurar as augas da chuvia e un canon de abastecementos.

Para o deputado, o Partido popular mantén unha concepción “limitada” do ciclo da auga por non atender á  “protección dos recursos, a conservación das masas de augas, superficiais e subterráneas, ríos, encoros rías, humidais e tamén o aforro no consumo de auga”. O PP non aborda a eficiencia  enerxética nin infraestruturas verdes para mellorar a xestión da auga en espazos urbanos. 

Bará afeou que o Goberno centre todo o seu esforzo nas infraestruturas de abastecemento, saneamento e depuración e medidas sobre un modelo “fracasado”. Agora responsabilizan aos concellos do mal funcionamento das depuradoras municipais cando a maior parte delas foron “deseñadas e construídas pola Xunta de Galiza”, denunciou.

Na súa intervención, tamén  preguntou porque o Goberno galego quere implantar este modelo de “forma unilateral” despois de desbotar a lei chamada  Sogama da Auga e porque razón incumpriu as súas obrigas para elaborar o Plan de Saneamento e Plan Xeral de abastecemento. Bará tamén preguntou se a Xunta está disposta a abrir “un proceso de dialogo” coas administracións para acadar un amplo acordo na xestión da auga e a creación do Consello para o uso sustentable da auga.

O BNG pide retirar o anteproxecto e acordar “unha estratexia da auga”

Tras a intervención da Directora de Augas de Galiza, Teresa Gutierrez López, o parlamentario do BNG volveu a reclamar a retirada do anteproxecto e abrir un proceso de diálogo con todas as partes para acordar “unha estratexia galega da auga”, e con carácter previo elaborar unha planificación a través do Plan xeral de Saneamento así como “culminar os traballos do Pacto Local da auga” iniciados no ano 2013.

Finalmente, o deputado do BNG tamén  reclamou crear o Consello para o uso sustentable da auga, anunciado no ano 2013.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG