O BNG pide que se reabra a comisión de investigación das Caixas de aforros "crioxenizada polo PP"

Carme Adán

Carme Adán acusa ao Partido popular de “crioxenizar” os traballos da comisión para evitar as explicacións da desaparición do sistema financeiro galego

Comparecencia de Carme Adán en rolda de prensa

O BNG enviou un escrito á Mesa do Parlamento no que solicita “reanudar os traballos da comisión de Investigación das caixas de aforros galegas.

A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Carme Adán compareceu hoxe ante os medios de comunicación para dar conta do contido do escrito que reclama adoptar as medidas necesarias para reabrir a comisión de investigación.

A parlamentaria criticou que o Partido popular “crionizara” a comisión cun parálise de máis de sete meses, a comisión, dixo, “debe ter conclusións” e dende o BNG levamos moito tempo traballando no borrador da ponencia.

Adán tamén cuestionou o propio funcionamento da comisión na que  o Partido popular se decantou por un formato de “concentración de comparecencias” durante 15 días para logo darlle carpetazo.

Na comisión, lembrou, compareceron os máximos exdirectivos das caixas de aforros e mesmo, o presidente de Novagalicia Banco e o máximo responsábel de Caixa Galiza, sen embargo, figuras claves neste proceso como ao do ex-gobernador do Banco de España Miguel Ordóñez non compareceu para someterse ás preguntas dos grupos parlamentarios e limitouse a responder por escrito a través dun cuestionario.

Carme Adán

A deputada lembrou tamén que moitas das comparecencias solicitadas pola oposición, e concretamente polo BNG, foron rexeitadas polo Partido popular.

O PP cómplice da desaparición do sistema financeiro galego

Carme Adán abundou na necesidade de reabrir a comisión para analizar a actual situación do sistema financeiro galego así como os instrumentos a utilizar no futuro tras a venda de Novagalicia Banco ao Grupo Banesco, operación dixo, da que o Partido popular “non deu aínda explicacións”.

A xuízo da nacionalista, o Partido popular ten a vontade de “aparcar esta comisión”, concluíu

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG