O BNG pide unha praza de pediatría en horario de tarde para desconxestionar o centro de saúde de Gondomar

Montse Prado
Montse Prado
Montse Prado tamén reclamou manter a asistencia sanitaria en horario  en  de maña e tarde, e substituír ao persoal en vacacións e días libres

A deputada do BNG, Montse Prado reclamou, a través dunha proposición non de lei, que se dote dunha praza de pediatría o Centro de Saúde de Gondomar para desconxestionar o cupo da mañá. Ademais a proposta tamén incluía manter a asistencia sanitaria en horario completo, “de mañá e tarde”.

Na súa intervención asegurou que as medidas propostas polo BNG queren “mellorar a calidade asistencial dos veciños e veciñas de Gondomar”, nese sentido demandou a necesidade de incrementar o persoal comezando por unha matrona e un pediatra porque na actualidade,  “1.300 nenos e nenas son atendidos só por un pediatra” que representa unha “ratio excesiva” e contradí as recomendacións para esta atención. Para a deputada, “un profesional saturado implica un gran nivel de estrés e con menos tempo de dedicación aos nenos e nenas”.

A nacionalista insistiu na necesidade de mellorar a calidade asistencial do centro de Gondomar e para isto, dixo, é preciso que  que o novo centro de Saúde, que comezará proximamente a súa actividade, debe contar con persoal suficiente para ofrecer esa calidade asistencial a comezar, dixo,  por unha praza de pediatría que favorecería a “conciliación familiar” xa que moitos pais e nais se ven obrigados a acudir ao servizo de pediatría só en horario de mañá. 

Desde marzo do ano pasado, engadiu Prado, o   cupo  de pediatría está pechado e as familias con crianzas nadas nesa  data vense obrigados a desprazarse a outras consultas  pediátricas de Nigrán ou Baiona.

Este problema agrávase  no verán ao non substituír o  SERGAS  pediatra titular durante as vacacións. Por outro lado, tampouco se cobren as vacacións da matrona obrigando a  suspender  os cursos de preparación pre e post parto nese período  ao igual eu consultas  xinecolóxicas tanto de seguemento de embarazos como  controis de mulleres en xeral.

A situación do Centro de Saúde de Gondomar é outro exemplo, afirmou a nacionalista da política posta en marcha polo  Partido popular para “amortizar prazas e seguir aplicando recortes na Atención primaria”.

A parlamentaria  lamentou que, unha vez máis, o Partido popular impedira que a proposta do BNG prosperara para cubrir cunha praza de pediatra o Centro de Saúde de Gondomar e mellorar a calidade asistencial.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG