O BNG pide que o Parlamento galego condene o ataque criminal de Israel sobre Gaza

O grupo parlamentar do BNG insta á Cámara galega a que condene o ataque criminal perpretado polo Estado de Israel contra a faixa de Gaza.

Asemade, o BNG, a través dunha proposición non de lei, insta ao goberno a demandar do seu homónimo español a reclamación do cesamento inmediato dos ataques e bombardeos israelís, a fin do blocaxe contra a faixa de Gaza, o derrubamento do muro do apartheid que Isarael está a construir na Palestina ocupada e o boicot diplomático, comercial, académico e cultural ao Estado de Israel.

O grupo nacionalista leva este asunto ao parlamento porque considera que xa son horas de que a comunidade internacional defenda os dereitos do pobo de Palestina e exixa do Estado de Israel o cumprimento da legalidade internacional, concretado nas múltiples resolucións do Consello de Seguranza da ONU que este país incumpre impunemente.

O BNG advirte de que o actual ataque por parte de Israel trae á memoria a brutalidade da operación “chumbo fundido” de hai catro anos e o bombardeamento criminal do Líbano, ambos perpretados polo Estado sionista coa indiferencia da comunidade internacional e, en particular, do goberno español e da UE “que, co seu silenzo cómplice, consinten esta agresión militar contra o pobo de Palestina”.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG