Na pregunta ao goberno sobre as medidas previstas para mellorar a atención sanitaria no concello de Poio, o parlamentario do BNG, Luís afirmou que o persoal sanitario vive “unha situación de presión extrema” pola pandemia ao que sumou o deterioro da saúde da poboación ante as dificultades de acceder á atención primaria.
Bará asegurou que o deterioro do sistema público é produto “da privatización da atención primaria” que impide que moitas persoas podan acceder á sanidade pública, porque o Partido popular entende a “sanidade primaria como un negocio”.
Na formulación da pregunta sobre as medidas para mellorar a atención sanitaria no concello de Poio, o nacionalista subliñou que esta situación non é conxuntural, obedece a “decisións políticas” dende o ano 2010 para reducir o gasto público en xeral. Arrastramos, dixo, “a redución sistemática de profesionais, condicións laborais extremas e de explotación” ao que engadiu “a fuga de profesionais”. Vostedes agora, dixo, lamentase pero estes e estas profesionais tiveron que marchar ante a falta de condicións laborais que lles permitira facer un proxecto de vida, explicou.
O deputado lembrou as mobilizacións e protestas dos diferentes colectivos da sanidade e recalcou que o PP só moveu ficha para facer “unha operación lampedusiana” para “dicir que facían pero en realidade non cambiaron nada” como na frase do Príncipe de Lampedusa na novela del Gatopardo.
A situación en Poio é un “exemplo extremo deste deterioro galopante”. En Poio hai oito médicos e médicas para unha poboación de 17.000 persoas. Si comparamos esta ratio con outros concellos coa mesma poboación, “Poio sae moi desfavorecido”. Por outra parte, o Centro de Saúde de Poio Anafáns esta “obsoleto” e a pesar do principio de acordo para buscar outro centro o Partido popular boicoteou esta posibilidade por motivos, “puramente partidistas”. O centro de Saúde de Poio, reiterou o deputado do BNG non está feito pola decisión “sectaria” do goberno da Xunta do Partido popular. Si o concello estivera gobernado por outra forza política, Poio contaría cun novo centro.
Bará explicou que nas últimas semanas a situación viuse agravada pola baixa dunha médica que atendía polas mañás en Combarro e polas tardes no centro de Anafáns. A baixa, explicou o nacionalista foi cuberta de maneira intermitente aínda que vostedes afirmen que foi de maneira axeitada, a realidade, dixo, é que algúns días “non había persoal médico e tampouco se cubría” como figura na denuncia do propio persoal médico do centro Anafáns, “un médico para atender os pacientes de catro”.
O deputado tamén denunciou que a lista de agarda telefónica chega a 20 días e os centros de saúde están confinados. “A atención telemática e telefónica debe ser un complemento e non substituír o elemento principal da Atención primaria”, aseverou. Non hai persoal suficiente para atender os teléfonos e os médicos e médicas continúan sobrecargadas. Vostedes crearon “un funil perfecto” e a pesar de todo o que denunciamos continúan afirmando que a situación é a axeitada.
Luís Bará volveu a reclamar o incremento do cadro de persoal, mellorar a atención telefónica e presencial e un compromiso da Xunta para que Poio conte cun novo centro de Saúde.