parlamento galego

BNG pide incrementar os fondos de compensación ao sector pesqueiro

Rosana Pérez
Rosana Pérez
Rosana Pérez afea que a conselleira non comparecera no Parlamento dende o 16 de decembro, data do consello anual de ministros da UE para decidir as cotas do 2021

A portavoz en materia de Pesca do BNG, Rosana Pérez demandou “un acordo” de todas as forzas políticas para reclamar “un incremento” da partida destinada ao sector pesqueiro de 2,2 M€ para todo o Estado español, cantidade que cualificou  “inaceptable” e ante a que propuxo  “un acordo” de todas as forzas políticas para fixar unha contía compensatoria que debe ser defendida no  Congreso e  Parlamento europeo.

Na súa intervención, a deputada afeou que a conselleira do Mar non comparecera dende o 16 de decembro, data do  consello anual de ministros de pesca da Unión europea que decidiu a  cantidade e especie a pescar pola  a frota galega durante o 2021. “Vostede nunca está”, non estivo o 16 de decembro, non estivo o 24, non estivo en todo o mes de febreiro cando numerosos bancos marisqueiros deste país quedaron arrasados, non está agora cando se necesita unha verdadeira resposta contundente á dirección Xeral de Asuntos Marítimos e  de pesca da UE. Vostede, engadiu, viaxou a Bruxelas ao Consello anual de Ministros en decembro para traer o mesmo que trae todos os anos, “recortes e redución da capacidade pesqueira da nosa frota”.

Para a deputada, a  “falta de peso político de Galiza”, no estado e na  UE, quedou de  manifestou no  acordo do Brexit. Ante este acordo, a conselleira do Mar respondeu “culpabilizaando  do resultado ao goberno español e a propia UE”.

Ademais, engadiu que a  falta de sensibilidade da conselleira quedou retratada nas afirmacións da titular da consellería asegurando que , “vai a haber que pensar en fixar unha cota mínima de pescadores para garantir a súa sostibilidade”, esa era a súa  solución ao acordo, salientou Rosana Pérez,  “eliminar mariñeiros”,  comprenderá vostede que non nos expliquemos como a día de hoxe, “aínda continúa sentada nese escano”.

O Brexit, explicou,  sáldase cun acordo que remata no 2026, (5 anos) e que implica que a frota europea, incluída a galega, renuncia a un 25% das capturas nos  caladoiros do Reino Unido e, no caso das Malvinas,  aínda están por decidir  os aranceis.70 barcos galegos nos caladoiros do Reino Unido: 60 no Gran Sol (1.400 mariñeiros), 20 en Malvinas (400 mariñeiros), aos que hai que engadir 36 buques de bandeira británica e capital galego. Despois  do 2026, as negociacións faranse anualmente, especie a especie e supoño que ninguén pensará que despois deses 5 anos, recuperaremos a cota  perdida. No mellor dos casos,  recalcou a deputada, “haberá que pelexar cada ano por minimizar os recortes de capturas”, unha situación agravada pola  distribución anual de Tacs decididos pola  UE cun  reparto que, ano tras ano, prexudica a  Galiza. A frota das Malvinas, remarcou,  enfróntase a soportar aranceis que poden ir ata un 18% e ademais  os buques de capital galego e bandeira británica están ameazados pola posíbel normativa do  Reino Unido para asegurar un maior peso de capital británico no sector e  polos dereitos de cidadanía dos seus mariñeiros galegos que poden verse afectados.

Tras lembrar o acordo parlamentario aprobado por unanimidade no Parlamento galego para tramitar o recoñecemento de Galiza como “zona altamente dependente da pesca” e mellorar o  acceso ás cotas de pesca e financiamento da  actividade produtiva, así como demandar do goberno do Estado a revisión do “principio de estabilidade relativa” para garantir un equilibrio axustado e equitativo a cada país, a nacionalista volveu a propoñer “un acordo” para incrementar a partida do fondos europeos  destinados ao   sector pesqueiro  e o compromiso de defender este  acordo no Congreso e na UE.

Tras a intervención da conselleira, que eludiu pronunciarse sobre as propostas formuladas pola deputada do BNG, Rosana Pérez reiterou que urxe  reclamar o incremento da partida para compensar ao sector pesqueiro  e manter aos  grupos  parlamentarios  informados  porque o único que coñecemos son as declaracións á prensa. Hai que tomar decisións “áxiles e efectivas”   porque o sector non  pode seguir agardando e “o peor do Brexit está por vir”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG