O BNG pide a devolución da lei de emprendedores porque non resolve a falla de acceso ao crédito

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, defendeu esta mañá no Pleno da Cámara a emenda á totalidade do BNG á le ide emprendedores que foi presentada polo Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro.

Criticou Davila que “o proxecto obvia os principais problemas cos que se atopan as persoas que apostan polo emprendemento”, e pasou a relatar as principais dificuldades que padecen os emprendedores: un fráxil sistema de innovación debido á falla de apoio do Goberno ao I+D+I; a falla de acceso ao crédito, e a debilidade da demanda interna provocada polo incremento do desemprego e a baixada dos salarios”.

Para Davila o Goberno vén de presentar un “conxunto de medidas inconexas que só teñen como obxectivo principal lograr titulares de prensa”. Ademáis, enfatizou, o proxecto de lei pasa por alto as competencias autonómicas nesta materia, tanto en instrumentos regulatorios como tributarios. A portavoz do BNG considera que “este tipo de iniciativas están abocadas ao fracaso se non se abordan as causas estructurais da crise”.

Tildou o proxecto de “confuso”. No capítulo fiscal, a deputada do BNG puxo de manifesto que o sistema fiscal no estado español se asenta sobre uns piares inxustos, e en relación ao imposto de sociedades sinalou que “a pesar de que as grandes empresas teñen un tipo nominal maior que o das PEMES, existe unha maraña de deduccións que provoca que o tipo efectivo sexa na práctica menor para as grandes empresas que para as PEMES. Hai que correxir estes desequilibrios”.

Davila tamén reprochou ao Goberno que o proxecto de lei só plantexa o apoio aos emprendedores colectivos esquecendo “por completo ás cooperativas, sociedades que fican á marxe dosa poios que se lexislan neste proxecto”.

Por estas razóns, subliñou Davila, “o BNG solicita a devolución ao Goberno da lei de emprendedores”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG