O BNG pide derrogar o artigo que permite nomear concelleiros non elixidos e o PP vota en contra

Tereixa Paz

Tereixa Paz defendeu unha Proposición de lei para solicitar a modificación do artigo 182.2 da lei electoral cara unha verdadeira “rexeneración democrática” e contra a pretensión do PP cunha reforma electoral para “blindar a corrupción”

Tereixa Paz defende a Proposición de lei do BNG

Pleno.- A deputada do BNG, Tereixa Paz defendeu hoxe unha Proposición de lei que o PP rexeitou , en solitario, impedindo a súa toma en consideración para seren trasladada ao Congreso dos deputados.

A maioría absoluta do Partido popular tumbou a iniciativa nacionalista que foi apoiada polo resto dos grupos da oposición por considerar que a reforma electoral prevista polo PP representa un grave “golpe á democracia” elixindo alcalde ao cabeza de lista más votada.

Na súa intervención, a parlamentaria do BNG cominou ao Parlamento galego a “dar un paso político cara adiante” e poñer fin “a infamia” de designar membros que non se someteron a ningún tipo de referendo popular. A deputada argumentou que as excepcionalidades do artigo 182.2 que o BNG quere modificar, xa non se producen. A reforma electoral do PP, afirmou, só persegue “defender os intereses do Partido do Goberno” disposto a levala adiante, “sen dialogo e consenso”.

Tenso debate entre Tereixa Paz e a popular Paula Prado

Tras a intervención da portavoz popular, Paula Prado, exconcelleira do concello de Santiago salpicada pola operación Pokemon que condenou a sete concelleiros por prevaricación, a deputada do BNG respondeu ironicamente que PP rexeita a iniciativa nacionalista porque ten a intención de suplir a Paula Prado no Parlamento “cando teña que dimitir” se o Tribunal Superior de Xustiza decide finalmente investigala pola súa etapa como concelleira no concello de Santiago de Compostela.

A deputada dirixese a popular Paula Prado e augura a súa dimisión

Paz reiterou que a proposta de lei nacionalista quere eliminar da lexislación a posibilidade de que cargos non elixidos pola cidadanía poidan ocupar algún ámbito de representación. O BNG “nin promoveu nin aprobou” a actual lexislación, afirmou, máis ben parécelle “unha infamia” en termos democráticos e criticou que a deputada popular, Paula Prado recorrera “a todo o mapa de Galiza” para atopar “tres portavoces municipais da oposición” nomeados a través do 182.2 da Lei Orgánica Electoral porque nós, dixo, con subir a rúa do Hórreo atopamos a sete concelleiros e un alcalde populares que non foro elixidos pola cidadanía.

A parlamentaria asegurou que vivimos en tempos de “descomposición do Estado e do sistema político” e o PP coas súas reformas contribúe a privar á cidadanía da participación, “dánlle máis poder unipersoal aos alcaldes e as deputacións que nin sequera son elixidos democraticamente”.

Tereixa Paz lamentou que o PP rexeitara a iniciativa nacionalista que impediría unha “situación legal” con carácter excepcional pero que se está a aplicar de maneira xeral “pervertendo a democracia e a decisión da cidadanía para elixir aos seus representantes”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG