O BNG pide corrixir os erros das ordes de axudas para a prevención de danos da fauna salvaxe

Xabaril
Xabaril

Rivas demanda da consellería abrir un diálogo cos  afectados para non incorrer nos erros que inutilizan parcialmente as ordes de axudas  

O deputado e portavoz de agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas defendeu hoxe unha proposición non de lei destinada a corrixir os erros das diferentes ordes de axudas  para a prevención de danos ocasionados pola fauna salvaxe, fundamentalmente xabaril e lobo ao que sumou tamén o cervo. Ademais, instou á consellería  a establecer un diálogo cos  sectores afectados para non incorrer en errores que inutilizan parcialmente as ordes de axudas.

Ao comezo da defensa da iniciativa, o parlamentario do BNG realizou unha chamada ao 012, número ao que  afectados e afectadas  polos danos da fauna salvaxe deben chamar para dar conta do acontecido nas súas explotacións. Coa chamada a través do seu propio teléfono móbil, o deputado do BNG quixo demostrar  que resulta imposible a comunicación, momento no que foi chamado a orde  polo presidente da Mesa, o popular Daniel Vega que ante a persistencia de Xosé Luís Rivas de manter o teléfono acceso, decidiu suspender por uns minutos a comisión de Agricultura.

Reiniciada a comisión, Xosé luís Rivas Cruz, (Mini) continuou coa defensa da proposición non de lei e na súa intervención volveu narrar, esta vez sin utilizar o teléfono, as dificultades dos titulares das explotacións  á hora de chamar ao 012.

Rivas ademais de incluír nas axudas os danos do lobo e o xabaril sumou as provocadas polo cervo das que dixo, “non teñen dereito a indemnizacións” e criticou que  dende o ao 2016 non foran publicadas ordes de axuda  e  agora, “en ano electoral” publican unhas ordes trufadas de erros e con “contías ridículas”. Para  horta profesional, explicou,  “todo son trabas” con axudas que  non contemplan os chicharos e tirabeques pero si entran os boniatos. Na súa opinión esta selección evidencia o descoñecemento da nosa realidade.

Por outra parte, explicou que as alambradas con fío electrificado en un gran número de parcelas non resulta efectivo contra os ataques porque estamos, dixo, estamos ante animais intelixentes capaces de saltar con facilidade as trampas. Esiximos polo tanto a retirada das ordes e que se corrixan o erros porque non están a resolver o grave problema dos danos causados polo xabarín e o lobo así como por outros animais da fauna salvaxe.

O Partido popular anunciou o seu voto en contra á iniciativa do BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG