parlamento galego

BNG pide ao goberno que atenda as reclamacións das profesionais da quenda de oficio en folga indefinida para dignificar o servizo da xustiza gratuíta

Iago Tabarés
Iago Tabarés
Iago Tabarés  lamentou a falta de compromiso do director Xeral de Xustiza coas reivindicacións dos e das profesionais en folga e negou que en  Galiza as compensacións sexan máis elevadas a respecto doutras comunidades

Criticou a falta de cobertura social, accidentes, seguro de responsabilidade civil e pago dos desprazamentos e urxiu ao goberno a unha resposta inmediata as  reivindicacións do colectivo

O deputado do BNG, Iago Tabarés formulou unha pregunta ao goberno na comisión e Xustiza e Interior sobre o papel da Xunta ante a “folga indefinida” dos e das profesionais da quenda de oficio.

O nacionalista explicou  que  dende o día 21 de novembro as profesionais da quenda de oficio están en folga indefinida para reclamar medidas que de medidas que dignifiquen o  servizo de xustiza gratuíta e as  condicións nas que se presta. Neste sentido, dixo, os e as profesionais demandan: “retribucións dignas” pola totalidade das actuación realizadas nos asuntos designados, o abono dos custes acreditados para a prestación do servizo sen que repercuta negativamente a denegación do beneficio da xustiza gratuíta.

Ademais, o deputado agregou que  as e os profesionais reclaman a actualización das retribucións en función do IPC, cotizar á Seguridade Social con carácter retroactivo e iniciar campañas de coñecemento, sensibilización e dignificación do servizo.

O parlamentario preguntou ao director Xeral de Xustiza, José Tronchoni se o goberno ten previsto participar, durante o  proceso da folga, nas negociacións para chegar a un acordo xa que a maior parte das demandas atinxen á Xunta.

Dende o BNG, dixo, queremos coñecer a valoración  do  goberno sobre a situación e  consecuencias da  folga así como as medidas previstas para evitar os seus efectos  pero sobre todo, un pronunciamento da Xunta sobre as negociacións das  principais demandas do colectivo   que atinxen directamente  ao Goberno galego .

O parlamentario do BNG asegurou que a  finais do ano 2017 nas 257 unidades xudiciais existían case 127.810 asuntos pendentes, cun nivel de entrada de 319.000 e a folga indefinida de 2018 das funcionarias da administración de xustiza paralizou a administración de xustiza en Galiza durante máis de 4 meses, baixando considerablemente a entrada e resolución de asuntos.

Anos  despois e padecendo os órganos xurisdicionais galegos un déficit na planta xudicial, con xulgados cun cadro de persoal inferior ao doutras comunidades, o 2022 remata cunha pendencia de 167.000 asuntos e cunha entrada de pouco máis de 333.000. Nesta  situación chegamos a 2023 cunha folga de letrados da administración de xustiza que paralizou o funcionamento dos xulgados durante dous meses, tanto no rexistro como na suspensión de máis de 19.000 actuacións e dilixencias xudiciais.

A primeira folga indefinida da historia

Tras puntuais conflitos laborais coa xudicatura, fiscalía e funcionarios, o 21 de novembros  “por primeira vez na historia” convocase unha folga indefinida das profesionais adscritas á quenda de oficio.

A folga de profesionais que sorprendentemente atopou a oposición do Ministerio de Xustiza, posteriormente rectificada por Traballo e Economía social  está provocando  a paralización de numerosos xuízos orais, vistas e dilixencias, así como suspensión de prazos nos procedementos nos que se alega o exercicio do dereito fundamental á folga, de aí a nosa insistencia en saber como vai a actuar o goberno para evitar que o “lexítimo exercicio do dereito de folga” poda afectar desproporcionadamente ao funcionamento da administración de xustiza.

A normativa vixente exixe que durante o proceso de folga “as partes negocien para chegar a un acordo”, tendo en conta que boa parte das demandas atinxen a xunta de Galiza, se esta a manter un proceso de dialogo cara chegar a un acordo? preguntou o nacionalista.

Tras a intervención do director Xeral de Xustiza, o deputado do BNG  reiterou que as retribucións son “inferiores ao ano 2009”, e agradeceu que o  director xeral anunciara a revisión dos baremos para actualizalos antes do 2024.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG